- O poeta chairego Manuel María terá Casa Museo o 7 de setembro na súa casa natal de Outeiro de Rei. A Fundación Manuel María dirixida pola súa viuva Saleta Rey escolleu esta data para conmemorar o pasamento do poeta hai nove anos( 8 de setembro de 2004) e porque o vindeiro agosto de 2014 é o 60 aniversario de ‘Terra Cha’, poemario seminal que saiu do prelo en 1954.

