off
Economía, Política — 19 Agosto, 2013 at 12:16 p.m.

Os Aznar benefícianse do afundimento das caixas galegas

by

Segundo informa Sermos Galiza, “o fillo do ex-presidente do Goberno español, José María Aznar Botella, asesorará a través de Poniente Capital a un dos fondos de investimento voitre que poxan pola compra de Evo -a entidade financeira que abrangue as oficinas exteriores das extintas caixas galegas”.
O fillo do presidente de honra do PP é o encargado de asesorar de Cerberus no seu intento de compra da entidade que aglomera as oficinas exteriores das caixas galegas.Cerberus, que está en poder de destacadas figuras do Partido Republicano, entre eles o vicepresidente dos EE.UU. con George W. Bush, Danfoth Quayle, e o seu xefe do Tesouro, John W Snow, xa está na recta final pola poxa das entidades galegas. Os vincallos de Aznar, durante os seus mandatos, coa Administración de George Bush permitíronlle colocar nunha situación de vantaxe ao seu fillo maior e Cerberus tería accedido através de JM junior a información e contactos privilexiados na operación financieira polas caixas galegas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off