30 mil persoas reclaman carga de traballo para os estaleiros de Ferrolterra, que perderon dous mil empregos no último ano. Reclámase a construción do dique flotante ou dos aínda non concretados encargos de Pemex. O BNG exixirá no Congreso un plano específico para o sector naval. A formación nacionalista de esquerdas rexistrou as propostas de resolución con motivo do Debate de Política Xeral celebrado esta semana; reclámase un Plan de Actuación específico para impulsar o sector naval que atinxa a construcción dun dique flotante nos estaleiros públicos de Navantia na Ría de Ferrol, que se poida aplicar o Tax Lease e a clarificación dos contratos con PEMEX, o levantamento do veto sobre Navantia Fene, a presenza do sector na axenda exterior do Goberno para acadar encomendas e contratos.











