off
Música — 12 Novembro, 2012 at 10:49 a.m.

Stones, máis un regreso

by

Arestora no Reino Unido,  e mañá e no resto do mundo, publicarase  Grrr!, a volta dos Rolling Stones con material novo desde 2005. De feito, só dúas cancións son novas do trinque: Doom and gloom,  ben recebida pola crítica hai unhas semanas , e One more shot, acollida con menos entusiasmo. A lonxevidade do grupo  e inactividade desde xullo de  2007, fan que calquera aceno dos Jagger, Richards, Wood e Watts,  apañe ben axiña o vó.

‘Crossfire hurricane’ é o novo filme documental con entrevistas inéditas a Brian Jones

Alén da subida ao escenario, a ‘edición de Grrr! (que se completa cos éxitos de sempre, se ben  na ‘edición super-deluxe  integra un CD cos rexistros inéditos de marzo de 1963), a actualidade dos Stones  está alicerzada  na apresentación no pasado  London Film Festival, de Crossfire hurricane. Trástase dun documental de 150 minutos que apaña o título dun dos primeiros versos de Jumpin’ Jack Flash e incorpora mateiral inétido como as imaxes de Cocksucker blues, un film de Robert Frank sobre a xira de  1972 que Mick Jagger  teimou sempre en vetar, e máis as entrevistas a  Brian Jones. Crossfire hurricane, chegará ao Estado español en formato DVD a comezos de 2013.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off