off
Eleccións 21-OUT — 21 Outubro, 2012 at 8:16 p.m.

Maioría absoluta do PP, menos votos e máis deputados

by

PSdeG-PSOE perde un de cada tres votos e sete escanos. Alternativa Galega de Esquerdas supera o BNG e chega aos 9 deputados.

Con un 1% menos de votos( 136 mil ) que nas anteriores eleccións, a votación nos conservadores chegou ao 45,5%, un número que garante polo menos 41 dos 75 asentos. Mália o efecto da lei d’Hont , a  nova maioría do PP (28 de cada 100) debería servir para unha fonda autocrítica da esquerda perante o proceso de partición do voto, o 36,24% de abstención e a nula erosión de Feijoó perante os recortes . Crece a abstención en seis puntos e medio, ao redor das 150 mil persoas, e dóbranse os votos brancos e nulos. O absentismo  é  determinante á hora de polarizar os resultados. En conxunto, os datos veñen expor a dificultade da oposición parlamentaria de socialistas e nacionalistas para mobilizar o seu electorado.

A Alternativa Galega de Esquerda, constituída hai pouco mais de un més, alcanzou un resultado surpreendente,superando os nacionalistas e elexindo nove deputados. Está por ver se agora están por ampliar os vimbios da alianza de urxencia logo de seren protagonistas na escisión do BNG. O paradoxo destas eleccións é que Beiras, os republicanos españois e o gañador, Feijoó, celebren resultado. A resposta do eleitorado galego poderá respaldar politicamente as opcións orzamentais de Rajoy mália a perda de 17,2% de apoios. O resultado admite pouca discusión agás constatar que máis do que un refrendo de Feijoó, trátase dun suspenso da oposición,  dunha esquerda (co PsG-SOE) que minguou en máis de de 300.000. Fixo ben o Beiras  ao non festexar o resultados esta mañá en entrevista da Cadena Ser.

 

 

 

82,68% ás 22:12 horas

 

 

4 Comments

  1. Longa noite (de pedra) nun país que non se respeita a si próprio. Xoguemos a sumar:
    2009, EU+BNG= 17% dos votos
    2012,AGE+BNG 24% dos votos
    O PP gobernará con “maioría absoluta” caendo un 15% e representando ao 25% dos cidadáns galegos !? E uns e máis outros, xuntos, non acadan a metade dos galegos (+-49%)

    En termos absolutos máis votos que hai catro anos. Un aspecto a termos en conta que é tan o máis importante que a baixada do BNG e o ascendo de AGE:
    os votos nulos (37.472) superaron aos de 2001, 2005 e 2009 xuntos ( 33.624).

  2. Antom Labranha

    Nas valoracións que se están a facer hai que ter en conta que a referencia das autonómicas do 2009 danse sobre resultados definitivos e nestas, polo de agora falta o censo da emigración.
    i) Para min o máis significativo é a alta abstención (36´2%): 832.678 galegas e galegos que, agás algunha casuística incidental, non quixeron votar por ninguén.
    E como moitos dos votos nulos o son intencionadamente, como expresión de rexeitamento, deberíamos estar falando por riba do 38%.
    E xa digo, cando veña o voto do exterior, probablemente haxa que subir o índice de abstención ao 42%, cerca do millón de persoas.
    Repárese que a vitoria de Feijóo soa moito menos exitosa se pensamos que houbo case duascentas mil persoas máis que pasan de todos, que votantes seus. (De igual maneira, os resultados das outras forzas políticas tamén se ven, así, minorizados). O toque é para todos.
    ii) Outra característica a destacar é a diferenza entre voto urbano e voto rural. Agás algunha que outra excepción, nos pequenos concellos o voto ao PP foi enorme.
    iii) O que custaron os escanos:
    Ao PP 15,950 votos, ao PSOE 16.315, Anova-EU 22.234 e ao BNG 20.770.
    A discriminación é evidente.
    iv) Cales serían os resultados se a circunscrición electoral fose única? Desa maneira todos os votos terían o mesmo valor, e o resultado, aplicando a lei d´Hondt sería:
    PP 38 escanos, PSOE 17, Anova-EU 11, BNG 8 e UPyD 1.
    Continuaría o PP con maioría absoluta, pero a distribución de escanos sería sensiblemente diferente (Para admitir o escano de UPyD habería que eliminar ese 5% de barreira que se ten posto artificiosamente).
    v) Utilizando o sistema de reparto proporcional as cousas cambiarían aínda máis:
    PP 35 escanos, PSOE 16, Anova-EU 11, BNG 8, UPyD 1, Eb 1, SCD 1, CXG 1, PACMA 1.

  3. Bueno, los gallegos han dado una vez más una lección de lo que es un colectivo servil, sometido al caciquismo y con la cabeza gacha como los bueyes. Ya Mariano podrá hacer mañana mismo la petición del rescate del país. Cuando terminen de quitarles lo poco que les queda a los gallegos y les bajen las pensiones, esperamos no tener que oirles lloriquear y balbucear por los rincones. Lo malo es que han contribuido y dado a alas a que nos hagan lo mismo a los que nos somos gallegos y ni vivimos en esa tierra de marisco y vino (que es para lo que va a quedar).
    Felicidades Galicia

  4. Mañá, a disfrutar dos votos, das abstencións….e dos recortes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off