off

A língua tórnase muda na Coruña (AGE)

by

 

Ignoro se foi un contrafeito inesperado da crise, un lapsus  propio do aquel ferrolano – deses que Freud teimaba en dicir que non existían- producto do  apaixonamento electoral,  ou a metáfora do grau de autonomía e capacidade de decisión que leva no programa. Impórtalle a Yolanda Díaz a situación de debalo do idioma do país no ensino público e na maioría dos ámbitos da vida cotiá? É consciente do efecto devastador que este emudecemento do galego ten para as expectativas das industrias culturais?A defensa do noso pasa por renunciar á expresión galega na cidade galega da Coruña? Beiras debería darlle máis soporte emocional.

Acordo programático de AGE:

10. Defensa activa contra a desaparición da identidade galega, contra as agresións continuadas á nosa lingua, o deterioro da nosa paisaxe, o abandono do noso patrimonio cultural e a deturpación da nosa historia.

Hai un trazo común a esquerda e a dereita españolas que considera que ningunha “comunidade”  sexa unha unidade política do mesmo rango que o Estado, senón que son niveis de administración de rango inferior, o que se reflicte en diversa sintomatoloxía (diglosia, uso sentimental da identidade, sucursalismo, etc). Federalismo?  Podería dicirse que si segundo que leitura se faga da Constitución, mais todo apunta, após trinta anos, que aquí non precisamos “españolizarnos”, senón todo o contrario.  Dicía Beiras que rematou a campaña electoral galega de 2004 dando conferencias por Cataluña. Onde acabará nas de 2012?

2 Comments

  1. De “O Marmurio Nas Ondas”

    omarmuriodaonda.blogaliza.org/2011/04/14/en-…

    Bitácora de Xurxo Martínez González

    A xente entendeu perfectamente. Non o francés, senón o galego que esta señora recuperaría aos cinco minutos pero cheo de prestixio. Xusto o que lle arrancaran, por deferencia, había media hora

  2. Isto e ningunear a lingua galega. Si de verdade se consideran unha alternativa galeguista nos seus actos deberian empregar o galego.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off