off
O Curruncho musical de Antón, Poesía — 18 Setembro, 2012 at 2:41 p.m.

O poldriño baio e o seu pai

by

Polo Ouzal da Capelada

andan ceibes entre as xestas,

piñeiros e toxos outos,

un fato de bravas bestas.

Velai vai altivo o xefe,

pai do poldriño baio,

vanse achegando ó regato,

só se oe un salaio.

A lúa que está tan alta

está a dicirlles algo;

ela que todo o ve

agoira un mal presaxio.

Mándalle ó vento que zoe,

ordena ó trono que troe,

dilles as nubes que choiva,

máis o poldriño a desoe.

Queren mata-la sede

da noite tan calorosa;

non saben que aquel regato

baixa auga olivosa.

Recean o pai e o fillo,

mais o instinto é poderoso

e bótanse a beber

do líquido ponzoñoso.

Entre relinchos dorosos

agonían pai e fillo.

Ó cabo de pouco tempo

morren o baio e o caudillo.

Por xentes desaprensivas

as xeneracións futuras

corren o risco de ver

envelenada a Natura.

2 Comments

  1. Xosé Antonio Suárez Aneiros

    Gracias, meu amigo, é unha mágoa o que está a pasar, pero nesta sociedade que se move polo carto, carente de sensibilidade, o peixe grande come ó máis pequeno e non hai quen lle poña freo.

    Unha aperta.

  2. E ben fermosa e sentida esta composicion. Mestre siga a compoñer e a escribir.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off