off
Europa, Mar e Pesca — 18 Setembro, 2012 at 11:16 a.m.

Non hai lata para tanta literatura

by

Segundo o PP informar sobre a orixe do que se está a mercar confunde ao consumidor.  A Comisión de Pesca do  Parlamento Europeo desbotou o artigo  42.2 do informe Stevenson no que se prescribía a obriga de sinalar a orixe da materia prima logo de  prosperar unha enmenda da “eurodiputada gallega” Carmen Franga (PP)  no que pedía tirar esa información. Para a “gallega” Carmen Fraga informar complica a etiquetaxe e non achega información de relevo a quen vai pagar por consumir un producto. Quer dicir, a Carmen Fraga tanto lle ten consumir berberechos galegos ca chilenos,  que sexan xardas ou pangas elle un detalle menor,  “pebrots del padró” colleitados en Murcia para o mercado catalán… tamén. Tanto  lle tén. Para a eurodeputada do PP é máis prioritario darlle “facilidades”  á empresa que etiqueta (léase, eximila de responsabilidades)  ca o cidadán que  consume xa que éste seria “incapaz de digerir tal cantidad de detalles” (sic.).  Segundo a deputada popular non hai lugar para a literatura nas latas de conserva, non vaia ser que o cidadán se indixeste antes de engolir unha latiña de mexillóns  “criados de xeito artesanal nunha batea da Pobra do Caramiñal, Galiza” (quen  lea o texto citado entre aspas arríscase a unha enchenta intelectual). E non será que con esta medida se lle está a dar cobertura legal ás grandes conserveiras que, baixo denominación de orixe, estan a embasar peixe doutra procedencia?

One Comment

  1. Os de villa Blanca non saben pescar. ! Viva Santiago por se pre!!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off