A Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” promovida por Galiza co galego tirará adiante o vindeiro curso a rede privada de escolas infantís co obxectivo de materializar “un proxecto educativo laico, pluralista, democrático, en valores e de calidade, en calquera punto onde a cidadanía o demande”
As asembleas de Galiza co Galego e da constitución da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” serán o día 30 de xuño do Burgo das Nacións, Compostela.
Debaterase o proxecto económico e social para unha escola en galego inclusiva e a constitución da Cooperativa de Ensino Popular.
Quen queira participar pode enviar os seus dados a : comisiongalizacogalego@gmail.com