off
Música, Vídeos — 4 Xuño, 2012 at 8:43 a.m.

Estetización da indignación

by

Romain Gavras,  fillo do cineasta Costa-Gavras, reflicte neste vídeo  como  o activismo  pode ser reducido á linguaxe da publicidade, direccionado  a promocionar o tema musical  No church in the wild, de Jay Z e  Kanye West. E non só, tamén serve para enxergar a posibel  fenda xeracional entre o discurso dun dos cineastas que millor souberon exprimir coa gramática do cinema a real politik ( Z, État de siège, Missing, A caixa de música,  Mad City), e a retórica estetizante do Romain Gavras ao apropiarse dos iconos da indignación sen con elo deconstruir os códigos de reproducción e as persistentes estructuras de poder mediático.

 

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=FJt7gNi3Nr4[/youtube]

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off