off
Educação — 22 Maio, 2012 at 11:54 a.m.

Adeus á escola pública

by
Escola de Pinheiro (Cedeira), feita polos Filhos do Concelho de Cedeira, entidade de instrução e caridade foi fundada em 25 de junho de 1921 por pessoas naturais do município de Cedeira que emigraram para a cidade de Havana. O seu objetivo principal era ajudar seus conterrâneos na sua terra natal a construir uma escola para promover o ensino da pedagogia moderna. 

O problema do ataque ao ensino público que supón a aprobación do Real Decreto Lei 14/2012 no Congreso dos Deputados non só é que vaia acrescentar a reproducción das disparidades xa existentes senón  que sendo cuestión que nos afecta a todos  e que todos debemos participar na solución, preséntase  como sendo “obxectivo” cando non existen máis razóns para a súa aprobación  que as que poida ter eu para refutalo.  Antes que sacrificar a escola pública, poderíanse ter apañado máis recursos se o estado español corrixira o fraude fiscal (44.000 millóns euros ao ano segundo a Axencia Tributaria), lle tirara as axudas á Igrexa para aprender relixión católica no ensino público (582 millóns) ou recuperara  o imposto de patrimonio (2.100 millóns), entre outras posíbeis medidas.

E digo que é un erro non porque  os recortes previstos agraven aínda máis as insuficiencias crónicas dunha escola pública  xa escasamente financiada e dunha escola concertada sostida con cartos públicos,  mesmo sabendo que xa non facian outra cousa que reproduciren as disparidades de orixe, senón que o pior dos erros  é que os señores e señoras do PP non ben chegaron ao poder estén a obxectivar  e materializar os seus desexos personais, incluidas as arelas do  conselleiro de educación de “noso” por ser completamente posuído polo grande Falo  FAES.  Así de doado é convertir un puritano tecnócrata nun axouxer aos pés do Padre PP.

Ah, a educación !  Alguén dubida que o PP sabe millor cá ninguén o que a humanidade precisa?  Trátase de recrear e reproducir a xente á súa imaxe e semellanza, non-si?. E diredes, e como poido tomar a serio a quen deplorou a “ideoloxía”  nas aulas, mais louva agora aos ideológos da súa contorna? Non o sabedes? Os ben educados señores e señoras da dereita teñen unha conciencia moral ben desenvolvida, xa o dicia a mente clara e distinta de Don Manuel que “era normal que ganaran las plazas los hijos de familias prominentes” para agravio dos emigrantes transoceánicos que van proxectar en mancomún  un xeito corporativo de erguer  escolas nas parroquias para, di  Vicente Peña,  “ofrecerlles ós seus coparroquianos máis novos as oportunidades de formación das que moitos deles careceran para abrirse camiño de maneira máis doada na vida”.

E que non hai mellor educación cá lei natural, e o que agora se nos ofrece por Real Decreto é que as xeracións futuras no cheguen xamáis a ceibarse dela. Hailles que recoñecer a deferencia, son educados de máis para dicirlle  á xente que o realmente importa non  é a educación, que  non é importante por sí  e en si mesma, que os mecanismos compensadores (escola pública universal) levan irremediablemente ao fracaso social pois o que conta é a fe firme na lei natural e na Igrexa.

Tamén eu, en ocasións, vexo monstros, cabaleiros que serven mestres, funcionarios do pensamento…e non debo abusar da vosa confianza contándovos  as lerias dun resentido que foi á escola pública. Ás veces todos somos víctimas de tal ilusión.

*Vicente Peña Saavedra (1998) As escolas de americanos en Galicia: proxectos e realizacións na comarca de Ferrolterra.Dispoñibel en  : http://catedra.pontedeume.es/07/catedra0712.pdf

One Comment

  1. Eu son un de tantos que estudou na escola publica. Son fillo de mariñeiro.
    Coma moitos puidemos estudar e facer unha carreira, ainda que a vida despois e distinta.
    Agora para min o mais importante e que habia un desenrolo persoal de libre pensamento.
    Ainda que os medios eran un pouco escasos os mestres empuxabante a un desafio.
    Hoxe con este troco e todo o contrario. Non importa tua intelixencia ou a capacidade que teñas ti de desenrolo, iso e secundario. O que importa e que te adaptes a un sistema vertical coma en epocas preteritas.
    Debes chuchar e abrazar o que che impoñen ideoloxicamente, o de penso logo existo queda prohibido,para ser un tornillo ou unha tuerca dun sistema pechado, na que non tes dereitos e so eres unha unidade de consumo alienado polo novo NODO.
    Os homes – masa deciden por ti, pensan por ti, por que ti debes de estar subordinado.
    Cando asome no teu siso intelixencia e consciencia de ti mesmo e do mundo no que vives seras un perigo por que veras onde estan as luces e as sombras.

    Mais e mellor ser un perigo e non ser un home – masa, que unha persoa atada a un sistema no que te manipulan mediaticamente dunha maneira fascista.
    No nome dunha educacion publica e de calidade ogalla sexamos quen de rebelarnos para ver onde esta a luz.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off