Mónica Bellas
Espertar na vila
Ondas batendo na praia entre badaladas de tempo
brisa fresca de ar escorrega polas miñas meixelas
morriña de tempos pasados no vello lar
Sinto as areas baixo os meus pes e vexo á señora…
estame mirando, sombriá como sempre.
pero esbozo un soriso,pois é nosa
como a garza que está a falar coas gaivotas
fachendosa, coas ás abertas .
A peixeira sinala o nordés
se cadra está advertindo ás lanchiñas que hoxe
avalarán todo o día …
fica rodeada de salgueiros e de viandantes
que asemade,tamén escoitan as badaladas
Ao meu carón
a multitude verdosa ruxe e asemella unha danza única
que percorre o meu corpo entrando pola meniña do ollo
Ao final do camiño vírome e miro que feitiña es
derribo toda febleza da miña alma e recordo
que estou aquí ..na vila
o meu lar,meu refuxio,meu alén…


















Hermoso…