Certamente deberiamos pasar pola vida ao xeito do Isaac Díaz Pardo. Debería ser sen premeditación no ámbito da infamia que lle tocou vivir, co desastre completado, sen coñecer de antemán o programa, arrastrados polo acaso. Tería de ser feito con aquele ollar de pintor de ollaparos que era. Cos ollos arregalados contra o ollo pineal da opresión.
A camiñada debe ser feita mergullando no proceso de identificación sen culpa, como pura catarse que nos salvase de nós mesmos e da historia que nos agride até chorarmos o que a purificación das herbeiras precisar. Chorar en lágrimas até que non haxa mais lágrimas, sen vergoña nen medo de sermos fin dun choro.
E teríamos que pasar pola vida ao xeito que Castelao propós e Isaac exercitou, sen esperar a que outros rematen a obra. Seria preciso levantar e enfrontar a luz da rúa antes que os administradores da infamia decretasen as tebras. Por iso irritou a moitos, porque comprendeu a futilidade da espera dos que se decepcionan a maos lavadas.Porque a vida é que cerámica.
Viver como propós Diaz Pardo é sabermos que non estamos sos. É botar unha mao. Unha mao amiga. Repetirmos o ritual do artesán día após día, moitos días, moitos anos, até recuperar a saudade que nos devolva a memoria do que somos, en cada latexo, ángulo ou aldea abandonada, en cada pedra labrada.
Percebendo xa que non ficamos sos, se cadrar cando alguén nos falar en palabras que entendemos, decidamos aceitar o verdadeiro presente que Isaac nos deu coa súa empresa – nos negocios como na vida – até reencontrarmos letra por letra todos os nomes das árbores. Entón un dia, talvez tamén por acaso, se alguén nos recoñecer nas rúas de Compostela coa familiaridade do propio, sen medo a ser galegos podermos dicer: olá Isaac, todo ben!

E imposible que unha persoa coma o señor Feijoo comprenda termos coma a patria material, espiritual e emocional. ¿Pensa este home nos verdadeiros valores da nosa terra? ¿afonda este home no pensar e sentir dos galegos de corazon? Non rotundamente. O señor Feijoo e coma os castelans que denigraban oas galegos na seitura. Precisa presumir de galego mais no fondo ten xenreira o todo aquilo que sexa propio e inexpugnable do ser galego, por iso xamais comprendera o dor ou a saudade que temos as persoas que ollamos coma derruba todo e ser galego de espirito e de corazon.
Ata sempre, señor dos cacharriños!! por Xosé Lois García.
Manda carallo coa hipocrisía! Qué valor teñen algúns de presentarse tan cinicamente nos actos fúnebres de súas vítimas, como se as falcatruadas non tivesen un reparo moral de quen foi agredido nos últimos días da súa vida.
Hai palabras que causan náuseas, como as do virrei da Xunta de Galicia, Sr. Feijóo: “Estou orgulloso de compartir patria con Isaac Díaz Pardo”. Non, Sr. Feijóo! A patria material, espiritual, emocional e defendida por Díaz Pardo nunca pode ser a súa. Hai palabras que ofenden e supuran desa carnaza de pensamento único, de patria única e estatal, de falsear os feitos. Os seus feitos e dos que o acompañan no desgoberno de Galiza conmoven. Lembra, cando vostede tomou posesión da presidencia da Xunta de Galicia en abril de 2009, como fulminou da Radio Galega a Isaac Díaz Pardo e Avelino Pousa Antelo, que mantiñan unha tertulia semanal no ente autonómico, sen dar explicacións desa exclusión. Tal vez foron recriminados por facer patria verdadeira, que en nada se semella á súa.”
ECOS DA BERENGUELA. Galicia Hoxe
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/ata-sempre-senor-dos-cacharrinos/idEdicion-2012-01-10/idNoticia-722252/?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter