Malia porse de relevo nos últimos dias que a cúpula ER foi anovada a medias e que semellaba estar máis pola realpolitik sen tañeiras, máis polo acordo estratéxico con CIU verbo do pacto fiscal, a presentació da coalición Catalunya sí dalle , se cadrar, máis valor a este acordo e apunta elementos interesantes alén da saída de Ridao e Puigcercós como últimos atrancos para o achegamento entre as forzas soberanistas e apunta ao horizonte postelectoral. Mesmo sendo un apoio táctico de cara ás vindeiras eleccións (que tivo unha prova previa no concello de Barcelona), a coalición da ERC de Junqueras co Reagrupament de Joan Carretero pon de relevo que , agás Solidaritat que non pactou ao non acadar o obxectivo da rotación de escanos, o catalanismo de esquerdas está a reaxir apostando polo pacto logo da desfeita electoral. Lembremos que Reagrupament, saiu o 2009 de ERC. A estratexia, que abranxe a adopción da marca “Esquerra-Catalunya Sí”, ven cenificar que o apoio a CiU na defensa do pacto fiscal e a coalición de esquerdas son accions encamiñadas a sair da crise. De dúas crises. A derivada da desfeita electoral, que pasa por recuperar a unidade do nacionalismo de esquerdas, e tamén , como esta coalición ven favorecer, mesmo a carón de CiU, a unidade de acción para afrontar a saída da outra crise, a do financiamento e o pacto fiscal. O PSC xa dixo que o pacto estaba ben. Acontece que se finalmente CiU ten ministros en Madrid, vai ser dificil a singradura soberanista.Terá paciencia Catalunya si?.O posible apoio ao pacto fiscal así o apunta. Mesmo aventuro que se lles ofrece a oportunidade de ocupar unha parte do espazo que CiU deixe no eido da reivindicación nacional. Estaremos á espreita.
Gabriel Beceiro
