off

Etiquetado: "Queremos galego"

Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema «En galego día a día» 0
por / o 23 Abril, 2018 at 18:44 / en Galiza, Língua, Normalización lingüística

Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema «En galego día a día»

A plataforma Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “En galego día a día”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.O anuncio foi realizado hoxe polo voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, acompañado de membros da Xestora da plataforma cidadá, que sinalaron que ao longo dos próximos días e até a data da convocatoria desenvolveranse diversos actos nas comarcas galegas para informaren da convocatoria. Na web www.queremosgalego.gal indicaranse os horarios e prezos dos buses que se porán a disposición de todas as persoas que desexaren acudir a Compostela a impulsar a plena normalización da lingua galeg

Seguir lendo ›
por / o 16 Maio, 2017 at 19:21 / en Galiza, Movementos sociais, Normalización lingüística

Vídeo chamando a participar na mobilización de Queremos Galego este 17 de maio

A plataforma Queremos Galego anima a participar na mobilización deste 17 de maio, a partir das 12 da mañá dende a Alameda de Santiago. Queremos Galego volve chamar a manifestarse no Día das Letras en Santiago, o 17 de maio en Santiago para visibilizar a “exclusión sistemática do idioma na maioría dos […]

Seguir lendo ›
por / o 25 Abril, 2017 at 07:56 / en Galiza, Língua, Movementos sociais

Queremos Galego convoca manifestación “de unidade” a prol da lingua

En Compostela coincidindo co 17 de maio, Dia das Letras, baixo o lema “en galego sen límites” para amostrar a dificultade para vivir en galego A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais, anunciou a convocatoria dunha manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen […]

Seguir lendo ›
17M.Manifestación a prol da lingua 0
por / o 17 Maio, 2016 at 10:04 / en Língua, Normalización lingüística

17M.Manifestación a prol da lingua

Ás doce do mediodía parte da Alameda da capital galega, a manifestación a prol da lingua convocada como cada ano pola plataforma ‘Queremos galego’ co lema ‘O idioma é a vida’. A mobilización  agarda reunir milleiros de persoas na defensa do idioma. Reivindica o papel de Manuel María e das Irmandades […]

Seguir lendo ›
Queremos Galego reivindica o dereito a vivir en galego 0
por / o 8 Maio, 2016 at 07:13 / en Língua, Normalización lingüística

Queremos Galego reivindica o dereito a vivir en galego

A plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a máis de 600 colectivos sociais de diversos ámbitos, presenta a convocatoria da manifestación do 17 de maio, que coincidindo coa celebración do Día das Letras, percorrerá as rúas de Santiago de Compostela para reivindicar de xeito festivo o dereito a vivir en galego. O […]

Seguir lendo ›
por / o 2 Maio, 2016 at 16:24 / en Movementos sociais, Normalización lingüística

“O idioma é a vida”

Queremos Galego reivindicará cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG. Baixo o lema “O idioma é a vida. Maniféstate pola lingua!” convoca a unha manisfestación o  17 de maio ás 12h na Alameda de Santiago de Compostela Membros da xestora nacional […]

Seguir lendo ›
por / o 11 Marzo, 2016 at 12:48 / en Normalización lingüística

Queremos Galego convoca unha concentración contra a sentenza do TSXG contra o galego en Lugo

O primeiro acto contra a sentenza que limita o uso do galego polo concello de Lugo terá lugar o mércores 16 ás 11.30 diante do Concello A plataforma cidadá advirte dos intentos de suprimir por vía xudicial os acordos comúns e unánimes conquistados pola sociedade galega A comisión xestora da […]

Seguir lendo ›
Queremos Galego convoca mobilizacións en defensa do idioma o Dia das Letras 0
por / o 5 Maio, 2015 at 11:47 / en Normalización lingüística

Queremos Galego convoca mobilizacións en defensa do idioma o Dia das Letras

O vindeiro 17 de maio , Dia das Letras, a plataforma Queremos Galego convoca á cidadanía galega a mobilizarse e a asinar o manifesto “Galego, garantía de futuro. Maniféstate pola lingua!”.  Os datos sobre o uso do galego na xente máis nova supoñen un grave problema para a continuidade xeracional do idioma […]

Seguir lendo ›
por / o 10 Febreiro, 2015 at 09:07 / en Galiza, Movementos sociais, Normalización lingüística

Queremos Galego 8/2/15 – GZ Videos

 Fotos tiradas de GZ Videos (CC BY-SA 3.0) Galiza

Seguir lendo ›
Xuntos na defensa da lingua 0
por / o 8 Febreiro, 2015 at 16:47 / en Galiza, Movementos sociais, Normalización lingüística

Xuntos na defensa da lingua

Entre 20 e 25.000 persoas, corpo a corpo, percorren as ruas de Compostela na convocatoria de Queremos Galego reclamando o cese do acoso á lingua galega e a execución de políticas que aseguren a súa transmisión xeracional.

Seguir lendo ›
off