off

O Curruncho Musical de Antón Suárez

O musicólogo cedeirés Antón Suarez enceta esta nova sección adicada a coplas e foliadas propias e do cancioneiro popular de noso.

 

 

Foliada de Cedeira

En Cedeira hai boas mozas
criadas con pan de trigo,
moi amiguiñas dos mozos
que as veñen ver os domingos.

Tocade a pandeireta
e dádelle un golpe á beira
pra* que saian a bailar
os mociños de Cedeira.

Viva Cedeira que ten
un Consistorio moi feito;
ó San Andrés de Teixido
lévoo gardado no peito.

Retrouso

Nosa Señora do Mar
ven recollendo conchiñas
pola beiriña da praia ata
o río Condomiñas.

Xosé Antonio Suárez Aneiros

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off