off

Política

por Redacción / o 7 Outubro, 2011 at 10:13 / en Economía, Globalización, Política

Mito e paradoxo da crise

A crise é un mito recorrente. Sempre mostra un paradoxo. Por unha banda,  a enxurrada mediática repite que o mundo que saia da crise non terá nada a ver coa que coñecimos até o de agora. E por outra, non se enxerga outro futuro que demorar indefinidamente o xa acadado:  […]

Seguir lendo ›
No entanto, a carraxe chegou a Wall Street 0
por Redacción / o 4 Outubro, 2011 at 11:56 / en Economía, Globalización, Política

No entanto, a carraxe chegou a Wall Street

E nós, co paso cambiado. O tren da história está vindo na direción dun precipício – o que Slavoj Zizek chama, para expresar cara onde vai o sistema capitalista mundial,  o “ponto apocalíptico cero”-. Tamén nos EUA, diante de Wall Street, hai quen quen se está a cuestionar se para […]

Seguir lendo ›
por Redacción / o 3 Outubro, 2011 at 17:38 / en Cedeira, Economía, Galiza, Política

Son as deputacións o problema?

Sabemos agora que será a Deputación quen asumirá unha parte da recadación tributaria  de Cedeira (vados e terrazas súmanse ao IBI, lixo, tráfico e imposto sobre actividades económicas). Seica o obxectivo é procurar menor custo e maior axilidade.  Acontece que o traspaso de competencias tributarias desde a administración local está […]

Seguir lendo ›
por Redacción / o 2 Outubro, 2011 at 18:43 / en Economía, Política

Devalo

    Moraba en Lisboa cando aquela propagación de optimismo desenvolventista da Expo 98 (segundo o BIE a mellor exposición de sempre, un caso de estudo internacional na área do deseño asistido por computador que evitou o abandono e degradación de Sevilla) e que levou ao paradoxo da decadencia, unha […]

Seguir lendo ›
Missing (1): Novacaixagalicia 1
por Redacción / o 2 Outubro, 2011 at 09:12 / en Economía, Galiza, Política

Missing (1): Novacaixagalicia

O conto é triste, quedamos sen caixas. Limpáronos a fardela. Disque a Novacaixagalicia vale un 90% menos. Estamos a quedar sen país. E os directivos das caixas? Gozando dun retiro dourado. E os socialdemócratas do Psoe? Apuntando unha privatización máis no seu haber (esa é a sombra da estatalización de […]

Seguir lendo ›
Scottish National Party 0
por Redacción / o 30 Setembro, 2011 at 08:57 / en Europa, Política

Scottish National Party

Dende a obtención da maioria absoluta  dos independentistas  de Alex Salmond no Parlamento de Edimburgo, os medios de comunicación falan pouco da política escocesa. Una país pequeno con reservas de petróleo e avangarda das enerxías renovables. Un silencio que podería ser interpretado en termos de avance da estratexia soberanista do […]

Seguir lendo ›
por Gabriel Beceiro / o 29 Setembro, 2011 at 12:26 / en Política

Paixón moribunda

Mália virmos dunha tradición con pouco peso industrial, os galegos sabemos ben que o traballo  ten un papel fulcral  na nosa percepción como persoas.  Entre nós Rosalía reflectiu moi ben a exclusión e a estigmatización polo traballo. Foi a era industrial a que consolidou a hegeliana realización polo traballo,  esa […]

Seguir lendo ›
por Editorial / o 28 Setembro, 2011 at 11:12 / en Cedeira, Política, Política local, Urbanismo

Privatización

Os galegos deberíamolo saber millor ca ninguén en Europa. Sempre fixemos dos problemas unha fatalidade. Somos expertos naquilo de que o conceito de crise fai parte da crise (semella un retrouso de Groucho Marx). E  en Cedeira, non íamos ser menos. Máis alá do boato, os servizos públicos sempre lles […]

Seguir lendo ›
por Gabriel Beceiro / o 27 Setembro, 2011 at 11:32 / en Globalización

Globalización, ATTAC e vellos problemas

ATTAC, organización nacida para esixir a imposición dunha taxa sobre as operacións financieiras  especulativas, ten máis de cen mil afiliados arredor do mundo, entre os que destacan  Noam Chomsky, o galego Ignacio Ramonet e os franceses Bernan Cassen e Gilles Chatelet. Vai nacer  logo dun artigo de Ramonet, publicado no […]

Seguir lendo ›
por Editorial / o 23 Setembro, 2011 at 18:21 / en Globalización, Movementos sociais, Política

Indignación

Os indignados seica protestan  contra a situación política, e están no certo, pensamos  que é saudabel que estourara a burbulla de hipocresía e estafa xeralizada. Mais … Por que non se queixar tamén dos que se inseren no 30%  dos que non votan ou votan en branco, case todos localizados […]

Seguir lendo ›
off