off

Opinión

24M: Gañaron os Comuneiros 0
por / o 24 Maio, 2015 at 19:52 / en Eleccións 24-M 2015, Estado, Movementos sociais, Opinión

24M: Gañaron os Comuneiros

O trombada do PP, o revés do PSOE, o acerto de Podemos e o foguete dos municipalistas é o balanzo urxente das eleccións autonómicas e locais recentemente celebradas. Por encima de todo triunfaron os Comuneiros, esas candidaturas nómades que facendo da necesidade (a súa precaria autonomía) virtude (o decrecemento económico) […]

Seguir lendo ›
Politica, frivolidade, condescendencia 2
por / o 22 Maio, 2015 at 18:27 / en Cedeira, Eleccións 24-M 2015, Opinión, Política local

Politica, frivolidade, condescendencia

Non eran ameazas. O que semellaba un xiro de actitude cara  a corresponsabilidade e a humildade vai durar o que dura o efecto dun “posttrending topic’. As declaracións de Rubido veñen botar leña ao lume na recta final da campaña electoral sen achegar claridade mas histeria e desexo desenfreado para sair eleito. […]

Seguir lendo ›
Xornada de reflexión, mas nas ruas 0
por / o 21 Maio, 2015 at 18:35 / en Eleccións 24-M 2015, Estado, Opinión, Política

Xornada de reflexión, mas nas ruas

Seguir lendo ›
Gobernos trending topic 0
por / o 16 Maio, 2015 at 07:53 / en Eleccións 24-M 2015, Estado, Movementos sociais, Opinión, Política

Gobernos trending topic

Todos os partidos, ainda que máis os grandes, tanto a nivel nacional como no ámbito comunitario, feden a corrupción. Todos os partidos sen excepción (os consagrados emerxentes e nasciturus) prometen loitar contra a corrupción. Porén, todos  brindan as súas piñatas institucionais cun decidido brinde ao destampe. Ao remaar o ano 2015, por razóns de […]

Seguir lendo ›
Rubido despois de Rubido 1
por / o 9 Maio, 2015 at 12:04 / en Cedeira, Opinión, Política local

Rubido despois de Rubido

Eleccións municipais.A pasada media noite comezou oficialmente a campaña eleitoral dunhas municipais que son o comezo do ciclo eleitoral disque máis imprevisibel dende a Transición. Hai uns meses semellaba que estas eleccións serían algo máis do que unhas municipais. Que serían o comezo da fin do modelo xurdido da Transición tanto […]

Seguir lendo ›
A enquisa avestruz do CIS 1
por / o 8 Maio, 2015 at 07:15 / en Eleccións 24-M 2015, Estado, Opinión, Política

A enquisa avestruz do CIS

A enquisa do CIS correspondente ao barómetro de abril ten truco e traca. É un prognóstico sobre o resultado das eleicións xerais de se celebrar arestora. E desde esa perspectiva as análises realizadas polos medios de comunicación son válidas: o PP gaña polos pelos (25,6%); o PSOE recobra o alento pasando […]

Seguir lendo ›
Cantas vidas humanas vale un AVE? 1
por / o 6 Maio, 2015 at 07:48 / en Estado, Movementos sociais, Opinión, Política, Politica internacional

Cantas vidas humanas vale un AVE?

Nunca como até agora foi todo o armazón político á vez (goberno, xefatura do Estado e parlamento) o que, gabándose dunha medoña sincronización criminal, lixou as mans de sangue para lucrarse. Iso é o que significou a  triunfal benvida que as forzas vivas da nación dispensaron ao mariscal Al Sisi […]

Seguir lendo ›
O enterro de Monedero, o funeral de Varoufakis 0
por / o 2 Maio, 2015 at 14:37 / en Estado, Movementos sociais, Opinión, Política

O enterro de Monedero, o funeral de Varoufakis

Dous profesores, ambos os dous marxistas de recoñecido prestixio, considerados “cerebros” de Podemos e de Syriza respectivamente, foron degradados polos seus partidos nun xesto que lles convida a tomar o camiño de saída. Exito para Monedero en forma de liquidación, e suceso para Varufakis en cómodos prazos. En ambos os casos, […]

Seguir lendo ›
Do favo de mel ao vespeiro humano 0
por / o 27 Abril, 2015 at 09:07 / en Estado, Opinión, Política

Do favo de mel ao vespeiro humano

Logo da epidemia das vacas tolas e os continuos desastres ecolóxicos, as derradeiras probas científicas sobre a suicída adicción das abellas a unha pesticida (neonicotinoide) poderían interpretarse como unha metáfora do colapso civilizatorio en marcha debido ao vixente troquel político-económico. Ou sexa, o neoliberalismo capitalista de Estado baseado na explotación do […]

Seguir lendo ›
Franqueados 0
por / o 25 Abril, 2015 at 07:16 / en Estado, Galiza, Opinión, Política

Franqueados

Tan afeitos estamos a valorar a política institucional en condición macro que apenas prestamos atención ás súas réplicas en áreas menos publicitadas. Mas é un erro, porque o predominio que ostentou o tándem formado polo PSOE e o PP (ao xeito da Benemérita: paso curto, vista longa e má intención) desde […]

Seguir lendo ›
off