off

Categoría: Agro

Charla en San Sadurniño sobre a iniciativa lexislativa popular en defensa do bosque autóctono

Un acto divulgativo da Iniciativa Lexislativa Popular( ILP) para defensa do bosque autóctono e a loita contra os incendios , que terá lugar o vindeiro venres 16 de Febreiro, ás 20 horas na Casa da Xuventude de San Sadurniño. Coa participación de Ramiro Picos (Viveirista e membro da AFGA do […]

Read more ›
Vento do norte e saraiva

Vento do norte e saraiva

Esta cuarta feira ar frío sobre Galicia, con vento do norte. Segundo a predición de Meteogalicia o ceo presentará alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis frecuentes e intensos nas provincias da Coruña e Lugo que ocasionalmente poderán vir acompañados de saraiva e aparato eléctrico. A cota de neve […]

Read more ›
Miguel Martínez, primeiro detido trala vaga de incendios a mediados de outubro de 2017 en Galicia | Fonte: Telemiño.

Miguel de Mel, o chivo expiatorio da vaga de incendios

Nunha entrevista en Radio Cerna afirma  que é “inocente” e confésase “indignado” pola situación vivida e que foi encarcerado “con nocturnidade e aleivosía”

Read more ›
A UE decide autorizar o polémico herbicida glifosato máis cinco anos

A UE decide autorizar o polémico herbicida glifosato máis cinco anos

A OMS califica o produto químico de potencial canceríxeno.O glifosato é o herbicida máis usado en Europa e no mundo, mas o seu uso xerou moitas voces críticas desde que a Organización Mundial da Saúde (OMS) o describiu como “potencialmente canceríxeno”. A autorización para usalo na UE remata o 15 […]

Read more ›

Feijoó teimou no “terrorismo incendiario” como coartada para non asumir responsabilidade ningunha

Feijoó compareceu no Parlamento para anunciar medidas a raíz dos incendios que arrasaran máis de 49.000 hectáreas, entre outras, recuperar algunhas das que o seu propio goberno deturpou, como a franxa de seguranza para núcleos habitados. Feijóo insistiu en falar de “terroristas”. A máis do furacán Ophelia, as altas temperaturas , os lumes […]

Read more ›
49.171 hectáreas  de superficie queimada durante a vaga de lumes

49.171 hectáreas de superficie queimada durante a vaga de lumes

O dato constata o fracaso do obxectivo do Pladiga xa que no que vai de ano arderan máis de 61.000 hectáreas, perdas na gandeiria, intanxibel impacto ambiental e catro vítimas mortais. A Conselleria de Medio Medio Rural recolle unha afectación de 49.171 hectáreas durante a vaga de lumes de outubro. […]

Read more ›

Entra en vigor a chamada Lei de Depredación

O DOG  publica a entrada en vigor da Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia, alcumada polos movementos que a rexeitan como ‘Lei de Depredación’. Actívanse todas as medidas e agás as relativas aos aproveitamentos madeireiros, que se comezarán a aplicar dentro de seis meses.   “Lei de Depredación” […]

Read more ›
Deslumbrados polo lume

Deslumbrados polo lume

Read more ›

Galiza recupera o “Nunca máis” para criticar falta de información e meios

Só na contorna de Vigo van queimadas 1.500 hectáreas en  pleno outubro. Catro vidas liscadas, casas queimadas e familias desaloxadas,  focos a eito. O país en guerra contra o lume. Ás oito desta tarde houbo concentracións en vilas e cidades galegas, catalás, españolas e europeas ao chamado do Comité de Defensa […]

Read more ›
“Lume, NUNCA MÁIS”

“Lume, NUNCA MÁIS”

A raiba e a indignación provocada pola vaga de lumes  e  perante o desleixo da Xunta e da insuficiencia dos medios de extinción, leva á convocatoria urxente de mobilizacións sociais para hoxe. Á mañá nos centros de ensino e Universidade, e á tarde nas principais vilas e cidades. En Ferrol a […]

Read more ›
off