off

Cedeira

Ánimo e a por eles 1
por / o 12 Xuño, 2012 at 14:52 / en Cedeira

Ánimo e a por eles

 Despois de recibir resposta do Servicio de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, pola denuncia que fixera da empresa de transportes de viaxeiros Rias Altas S.A. ( Rialsa), o día 07/02/2012, por non cumprir co horario de saída ( 25 minutos de retraso ), agora amplio […]

Seguir lendo ›
Obdulia 5
por / o 8 Xuño, 2012 at 13:32 / en Cedeira, Xente

Obdulia

“Para ver claramente, basta mudar a direcção do olhar.” Antoine de Saint-Exupéry Obdulia nace nos derradeiros anos do século XIX, no inicio da Guerra de Independencia de Cuba fronte a Coroa Española, durante a Rexencia de María Cristina. Naquel tempo a poboación fervía en febres patrioteira de proclamas e marchas militares […]

Seguir lendo ›
Fondo de Compensación Discrecional 0
por / o 30 Maio, 2012 at 18:15 / en Cedeira

Fondo de Compensación Discrecional

O Concello de Cedeira ven de recibir unha subvención de 80.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. Este fondo impulsa a eficiencia enerxética  a través das renovábeis . O paradoxo deste fondo é que se destina a compensar aqueles concellos  afectados pola instalación de aeroxeradores  ou […]

Seguir lendo ›
Mitoloxía accidental. A propósito dos amilladoiros 0
por / o 18 Maio, 2012 at 17:41 / en Cedeira

Mitoloxía accidental. A propósito dos amilladoiros

O Santo André de Teixido  ten no imaxinario galego unha potencialidade simbólica ben coñecida. Porén, ese “coñecimento” derivou da vivencia relixiosa popular históricamente producida, sistemáticamente agochada pola igrexa católica, a unha ocultación basada na privatización e especialización institucional da relixión.  Coma o resto de Occidente, a sobredeterminación relixiosa deu paso […]

Seguir lendo ›
Cedeira Mon Amour 0
por / o 18 Maio, 2012 at 17:35 / en Cedeira, Política local

Cedeira Mon Amour

“Cremos que o que uniformiza diminúe ao ser humano, que as diferenzas culturais enriquecen a humanidade. Nós queremos axudar a enriquecer ao mundo coa nosa diferenza.” Luís Seoane Xosé Díaz, un dos fillos de Isaac Díaz Pardo, nunha entrevista publicada no xa desaparecido Xornal de Galicia retrataba ao polifacético artista […]

Seguir lendo ›
A visita 0
por / o 18 Maio, 2012 at 17:29 / en Cedeira, Política local

A visita

Fronte á verdade, a retórica esvaece.  Qué destino os uneu?  Informa o Diario de Ferrol que  logo de apadriñar unha promoción de Ciencias Políticas en Compostela, da que é profesor Xosé Luis Barreiro, aproveitando amizade co expresidente da Xunta  de Galicia, chegou a terras de Cedeira. Qué lle estará a […]

Seguir lendo ›
Qué fai o ministro de exteriores inaugurando unha capela? 2
por / o 3 Maio, 2012 at 11:10 / en Cedeira

Qué fai o ministro de exteriores inaugurando unha capela?

O primeiro de maio, entanto as rúas galegas acollían as mobilizacións de traballadores (é un dicir, disque xa hai máis pensionistas e parados que traballadores), o ministro de Asuntos Exteriores do Estado Español  José Manuel García-Margallo acompañaba ao Alcalde Rubido  (que seica abandonou as súa obrigas, tanta é a súa adicación)  […]

Seguir lendo ›
Máis andaluces ca galegos? 4
por / o 24 Abril, 2012 at 16:02 / en Cedeira

Máis andaluces ca galegos?

Cando digo isto refírome á Feira de Abril de Cedeira, e como veciño da Vila penso que teño dereito a dar a miña opinión do que pasa nela. ¿Que diría Castelao, ou a nosa Rosalía deste acontecemento? Penso que Castelao faría un chistazo dos seus, e Rosalía, co sensible que […]

Seguir lendo ›
A bailía de Santa María de Régoa 1
por / o 23 Abril, 2012 at 19:27 / en Cedeira

A bailía de Santa María de Régoa

Dentro das normas gnósticas,  a igualdade entre homes e mulleres, tanto na vida social como na relixiosa, permitíalle ás mulleres a facultade de exercer o culto do mesmo xeito que os homes, algo totalmente imposible dentro das normas canónicas da Igrexa católica apostólica romana; a este respecto convén apuntar o […]

Seguir lendo ›
14 de abril 6
por / o 19 Abril, 2012 at 19:02 / en Cedeira

14 de abril

Gabriel Beceiro A acción solitaria, agás no heroismo, ten unha eficacia limitada. A data pedía algo máis que sacerdocio e profesión política. Hai unha práctica escocesa coñecida como go canny na que o operario traballa ao seu ritmo producindo en cantidade proporcional á paga. O poder simbólico da representación ten […]

Seguir lendo ›
off