off

Autor: Gabriel Beceiro

Cerdeiras

Cerdeiras

Lendo o estudo Topónimos costeiros da ria de Cedeira do profesor Alvaro  Porto Dapena, no treito onde dá conta das praias recóllese: ” Plaia de Xiao (das Cerdeiras ou de las Burbujas)” e en nota a rodapé, dise: “En realidade a denominación castelá Playa de las Burbujas (debido ás gurgullas […]

Read more ›
Citizen 1, unha alegoría do presente

Citizen 1, unha alegoría do presente

A estas alturas, debeu pensar Manuel Cortés, as tendas da coñecida multinacional galega de roupa que conforman o noso imaxinario,  ben poderían ser un escenario sen escenografía, un espazo que non precisa ornamento nen imaxineria comercial  porque xa ten aura de seu e só precisa ser apuntada cun trazo de […]

Read more ›

Piratas !

Hai uns  anos escoitabamos as reflexións ben documentadas do economista Arcadi Oliveres  sobre un tema que nos cae ben pertiño:  os caladoiros de Somalia e a pirataria europea. Daquela era notícia o Alakrana, o barco secuestrado en augas de Somalia e o conferenciante non tivo outra que atender o interese […]

Read more ›
A pintura do Palacete

A pintura do Palacete

En tempos de crise disque hai que pasar do azul ao branco. No occidente, o branco é a cor da pureza, da inocencia e da austeridade (esa malfadada palabra que serve para xustificar calquera sacrificio tal é a súa raiceira católica). O azul é a cor do horizonte, do mar […]

Read more ›

Paixón moribunda

Mália virmos dunha tradición con pouco peso industrial, os galegos sabemos ben que o traballo  ten un papel fulcral  na nosa percepción como persoas.  Entre nós Rosalía reflectiu moi ben a exclusión e a estigmatización polo traballo. Foi a era industrial a que consolidou a hegeliana realización polo traballo,  esa […]

Read more ›

Globalización, ATTAC e vellos problemas

ATTAC, organización nacida para esixir a imposición dunha taxa sobre as operacións financieiras  especulativas, ten máis de cen mil afiliados arredor do mundo, entre os que destacan  Noam Chomsky, o galego Ignacio Ramonet e os franceses Bernan Cassen e Gilles Chatelet. Vai nacer  logo dun artigo de Ramonet, publicado no […]

Read more ›

Carta ao Alcalde de Cedeira

Sr. Alcalde, En Cedeira é máis doado vivir en castelán que en galego.  Con certeza que se se escoita  e se acredita o que din e escriben nas Españas, os que defendemos o noso idioma en todos os ámbitos como corresponde a cidadáns libres  que fan valer os seus dereitos  […]

Read more ›
Ao final da escaleira. Desfeita urbanística

Ao final da escaleira. Desfeita urbanística

A desfeita urbanística e ecolóxica en Cedeira, como na maior parte de Galiza, encetouse  no franquismo con pulo uniformizador e  esnaquizou a arquitectura tradicional e a paisaxe toda nun proceso continuo de depredación. PSOE e PP continuaron este pulo especulador sen lles tremer  o pulso co trazado de estradas por […]

Read more ›
off