off
COVID-19, Galiza, Saúde — 18 Agosto, 2020 at 12:27 p.m.

Ana Pontón: “A Xunta debera explicar por que restrinxiu a mobilidade na Mariña mentres non o fai na Coruña”

by

Reclamou a declaración de estado de emerxencia sanitaria en Galiza e critica á Xunta pola “improvisación” e “ausencia de criterios homoxéneos” na xestión dos surtos

A lider nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este martes ao presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que declare o estado de emerxencia sanitaria en Galicia “para ter unha maior capacidade de actuación e coordinación de medios”, así como a implementación de medidas de restrición de mobilidade na área da Coruña.
“Esta medida xa se adoptou no seu momento -antes da declaración do estado de alarma– e debería recuperarse agora, xa que vai permitir mobilizar máis efectivos e coordinar mellor a resposta ante a evolución da Covid-19 no noso país”, apuntou Pontón nunha rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galiza.

Pede limitar movimentos na árera sanitaria da Coruña e facer tests masivos

A líder nacionalista emprazou ao Executivo autonómico a deixar de “poñerse de perfil” e a tomar “medidas contundentes de carácter preventivo”, en especial na Coruña, onde son necesarias “novas restricións” e a realización de “tests masivos“, opinou.
“A propia Xunta de Galicia recoñece que haitransmisión comunitariapolo que é irresponsable seguir sen facer nada e manter as medidas que hai ata o de agora; as decisións de hoxe serán as que salvagarden e eviten os contaxios de mañá”, proseguiu.

A Xunta pasou de negar a transmisión comunitaria a decretar a restrición de mobilidade na Mariña 

Do mesmo xeito, a líder da oposición criticou a “improvisación” e a ausencia de “criterios claros e homoxéneos”, tendo en conta que “habería que explicar” por que se restrinxiu a mobilidade na Mariña o pasado mes de xullo “con 106 casos activos e sen transmisión comunitaria” mentres que na Coruña “non se fai nada con máis de 800 casos -921 segundo os últimos datos-“. O Goberno autonómico insistiu varias veces ante os medios de comunicación en que non había transmisión oculta do virus na comarca, cuestión que si admitiría despois.
Pontón desluzeu que Núñez Feijóo “non ten tanto interese en comparecer agora que ten competencias plenas“, á vez que “responsabiliza a Concellos, Policías Locais e cidadanía”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off