off
Galiza, Movementos sociais, Política — 17 Xullo, 2020 at 6:29 a.m.

Via Galega e colectivos vigueses chaman a participar na V Ruada da Patria

by

Nos días previos ao 25 de xullo, Vía Galega e as entidades Arrulique e A Revolta organizan en Vigo a V Ruada polo Día da Patria. A plataforma soberanista acha que vén marcado pola crise económica, social e sanitaria por mor da COVID19. Mais este 25 de Xullo é unha data especial xa que  máis alá da reivindicación dos nosos dereitos nacionais e sociais, neste 25 de xullo conmemórase o 100 aniversario da celebración do Día da Patria galega. Vía Galega anima a participardes na V Ruada o sábado 18 ás 20hs desde a Praza da Pedra en Vigo. Tamén será garantidas as medidas de seguranza entra as participantes e o uso de máscara será obrigatorio.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off