off
Cedeira, Galiza, Mar e Pesca, Movementos sociais — 8 Xullo, 2020 at 9:50 a.m.

O goberno de Feijoó continua sen vixiar e controlar a empresa concesionaria do servizo de Salvamento

by

O pasado marzo os traballadores de salvamento denunciaban, mais una vez, a falta de transparencia e incumprimento de condicións de licitación dos helicópteros de Gardacostas de Galicia. A empresa adxudicataria do servizo( Babcock MCS España, antiga Inaer, que opera cos helicópteros mercados á Xunta de Galicia en 2012) incumpre as condicións de licitación dos helicópteros de gardacostas  e foise cronificando a falta de vixilancia e control por parte da Xunta de Galicia en cumprimento do servizo  prestado polos helicópteros Gardacostas de Galicia Pesca 1 e Pesca 2. Hai un ano este colectivo pedía melloras laborais para seguir rescatando vidas.

O servizo ten unhos helicopteros titulares (s76), que cando entran en revisión mandan a viveiro un AW139 ainda que con moitas carencias. Unha das revisións deste ano coincideu que acababa a mediados de xuño mas adiouse até o 30 de xuño. Porén, ainda que desde fora pode parecer que puxeron o helicoptero titular dúas semanas antes das eleccions, cando estas pasen, os meses restantes volvera o helicoptero con deficiencias.

Antes de marzo volvíase a incumplir o contrato. O preocupante é que dende o 1 de xullo  disponse de helicóptero titular. Contodo, segundo fontes consultadas, cando lle toque outra vez a revision o servizo de salvamento e os seus traballadores volverán  a estar nas mesmas, volveran a pór outro helicoptero de sustitucion que non cumpre os requisitos. Por outras palabras, incúmprense aproximadamente a metade do ano.

O goberno de Feijoó continua ignorando o espírito e a ética que definen una prestación pública como a de salvamento, nun país con 1500 quilómetros de costa e que ten na actividade pesqueira un sector estratéxico

Requisitos incumpridos 

Os requisitos indispensábeis reclamados polos traballadores de salvalmento son que a empresa concesionaria poña a disposición da Conselleria outro helicóptero con características e vantaxes iguais ou superiores no menor tempo posible e  un helicóptero a disposición da consellería para o seu relevo temporal  das características indicadas nesta especificación, que as características básicas do helicóptero de substitución e dos seus equipos non sexan inferiores ás esixidas aos helicópteros de servizo e indicadas como especificacións técnicas no punto 2.8.2., polo que a oferta debe especificar iso, a saber, que  a empresa gañadora non poderá realizar substitucións de aeronaves sen coñecemento previo ou aceptación da Conselleria (2.6.9);  a falta de sistema de transmisión de imaxes en tempo real, una guindastre auxiliar de rescate, cunha lonxitude mínima de 45 m. de cable e 300 Lbs. de peso máximo de elevación / baixada; gancho baricéntrico para transportar polo menos 1.500 kg como carga externa; un sistema de detector de infravermellos, tipo Flir 2000, Wescam ou semellante e un faro traseiro, axustable pola tripulación da cabina para os rescates nocturnos.

O helicóptero titular e o branco en azul O que falla é o branco e o laranxa. Concretamente, esa máquina, o EC-LEE non a quere SASEMAR (dependente de Fomento) porque é vella, mas á Xunta xa lle vale asín de vella, sen os dous guindastres, sen un equipamento termográfico útil, sen focos  de busca.

 

Cronificación do risco

A situación de risco estructural cronifícase sen que o goberno de Feijoó achegara solución ningunha para un colectivo que pon en risco e perigo a vida día após día para garantir a seguridade dos galegos e galegas.  É óbvio que non se cumpren as condicións  estipuladas para un servizo desta complexidade técnica e que continuamos sen coñecer se houbo auditorias das condicións e capacidades do servizo  E de habelas, descoñecemos os resultados. Unha opacidade envaidecida e consentida pola Xunta de Galicia á empresa abxudicataria do servizo de salvamento que sobre-expón máis do necesario a un colectivo de seu xa exposto e que só quer “ facer o mellor traballo, coas ferramentas máis adecuadas e coa maior seguridade”. 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off