off
Cedeira, Educación — 4 Xullo, 2020 at 12:19 p.m.

Profesorado do IES de Cedeira indignado ante a falta de planificación do novo curso

by

O profesorado do IES Punta Candieira de Cedeira vén de mostrar o seu descontento, disconformidade e indignación ante a falta de planificación do novo curso académico, no que consideran unha mostra mais de lesleixo que contribúe ao desartellamento do ensino público. A pandemia da Covid véu visibilizar a situación de vulnerabilidade do ensino público despois da drenaxe de recursos para o privado. Precaricación non apenas na dotación de recursos mas tamén no desleixo organizativo, na falta de planificación que só serve para acrescentar incerteza e enredo.

O profesorado do IES Punta Candieira vén de pronunciarse en contra nunha concentración diante do centro e nas redes sociais, entendendo que ensinar no ensino público significa tamén defendelo xa que é fonte de inclusividade cando crítico e implicado na sua comunidade de referencia. Nas condicións de precarización que a costa da publica priorizou a concertada (a privada subvencionada con cartos públicos) aumentou a desigualdade ao afondar na reprodución das disparidades de orixe que, agravadas pola pandemia, está a mostrar as eivas dun modelo educativo que non funciona nen é igualador e que non dubida en pór en risco a própria comunidade educativa cando a administración non garante a seguridade, a saúde e a equidade básica.

A apertura de escolas e institutos é unha necesidade e un reto. O encerro prolongado pode ter efectos sobre a saúde física e emocional de mozos e mozas.Os efectos poden ser maiores nos de nivel socioeconómico ou máis desfavorecidos os que teñen dificultade de aprendizaxe.Na primaria eses efectos poden ser ainda maiores.
Segundo dixo UNICEF, a educación é unha parte esencial para a recuperación dunha crise: trae normalidade, un senso da rutina, os coñecementos e habelencias necesarias para o desenvolvemento, protección en casos de especial vulnerabilidade social e económica e serve de ponte para equilibrar as distintas carencias sociais, económicas e educativas que atinxen a poboación. A actividade diaria canto antes se restaurar nas escolas e centros educativos, antes poderia sandar as secuelas que deixa a crise.Mas non a calquer prezo.
A pesar disto, continúa a situación de crise sanitaria que o goberno de Feijóo banalizou -como vimos de ver co rebrote do andazo na Mariña- que fai necesaria a aplicación continua  de medidas informadas que muden significativamente o funcionamento da sociedade, e entre elas do sistema educativo.Unha oportunidade,sen dúvida, para unha xeral redución de ratios alicerzada na atención personalizada. Hai responsables, familias, educadores e o resto do persoal do sistema educativo involucrado e comprometido que non merece tanta imprevisión e improvisación da administración -que apenas serve para aumentar á xerada pola própria pandemia- garantindo os dous alicerzes principais para facer fronte á pandemia: medidas de protección e
rastrexabilidade.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: