off
Economía, Galiza, Movementos sociais, Traballo — 1 Xullo, 2020 at 1:26 p.m.

O 100% do persoal da factoría de San Cibrao está secundando unha xornada de folga

by

Traballadores e traballadoras da fábrica de Alcoa e veciñanza da Mariña esixen ás portas da Xunta a intervención pública.A protesta reallizouse con motivo da folga na fábrica que rexistra un seguimento do 100%

“A solución, unha intervención”. É o berro que os traballadores e traballadoras da fábrica de #AlcoaNonSePecha e centos de mariñaos e mariñás fan resoar ás portas da Xunta en Santiago

“Eu voto, peche non!” Traballadores/as de Alcoa San Cibrao e veciñanza da Mariña esixiron ás portas da Xunta a intervención pública da fábrica.

A protesta realizouse coincidindo da xornada de folga na planta e a representación do persoal quixo agradecer especialmente o arroupe dado polo comercio local, persoal autónomo e pequenas empresas da comarca que se sumaron voluntariamente á xornada de folga botando o peche e acudindo a Santiago para reclamar do Goberno galego que se posicione na defensa do emprego e a continuidade da actividade produtiva na factoría de San Cibrao.

“Eu voto, peche non!”

Aproveitando que estamos en campaña electoral, os traballadores e as traballadoras quixeron realizar a súa particular votación colocando unha urna xigante ás portas dos edificios da Xunta onde depositaron unha papeleta cunha mensaxe contundente: “eu voto, peche non!”

Durante a concentración, que comezou antes das doce do mediodía e se prolongou até as 13:30 horas, foron constantes as consignas contra os despedimentos que pretende aplicar Alcoa, pedindo a intervención pública da fábrica e unha tarifa eléctrica industrial estábel, predicíbel e competitiva que dea estabilidade non só á produción de aluminio, senón ao conxunto da industria electrointensiva.

De feito, traballadores e traballadoras doutras industrias con grandes consumos enerxéticos como XEAL, Celsa Atlantic ou Alu Ibérica tamén se achegaron até Compostela para apoiar as reivindicacións dos seus compañeiros e compañeiras de Alcoa.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off