off
Economía, Galiza, Política, Traballo — 10 Xuño, 2020 at 11:17 a.m.

O BNG rexistra no Congreso unha Proposición non de Lei para a nacionalización de Alcoa San Cibrao

by

Os nacionalistas reclaman tamén activar inmediatamente un Estatuto do Consumidor Electrointensivo realmente eficaz que posibilite que factorías como Alcoa San Cibrao poidan manter a súa actividade produtiva sen perdas económicas.Tamén reclama activar un Estatuto do Consumidor Electrointensivo realmente eficaz, un compromiso do Goberno español que aínda non cumpriu, que permitiría que factorías como Alcoa San Cibrao puidesen manter a súa actividade produtiva sen perdas económicas.

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, vén de presentar unha Proposición non de Lei para a intervención de Alcoa e retornala ao ámbito público, nacionalizando a planta para así manter os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña. “Nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa; polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das Administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira” salientou Néstor Rego.

Para alén das circunstancias conxunturais do mercado do aluminio, o principal problema que ameaza a viabilidade da empresa son os altos custos da enerxía eléctrica, que resulta imprescindíbel para a produción na planta de aluminio. O BNG ve urxente pór en marcha unha Tarifa Eléctrica Galega que abarate a enerxía para as empresas -facéndoas máis competitivas- e permita ás familias beneficiarse da riqueza enerxética do seu país.Esa será a única maneira estábel e duradeira de favorecer a viabilidade da industria galega.  “Galiza é un país exportador de enerxía eléctrica, que soportou os custos sociais e soporta aínda os ambientais desa produción, polo que sería de xustiza que en compensación o territorio galego puidese regular o seu propio marco enerxético e que o custo fose menor para os consumidores e  para a nosa industria”, explicou Rego.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off