off
Economía, Galiza, Política, Traballo — 7 Xuño, 2020 at 10:15 a.m.

Milleiros de persoas maniféstanse en Viveiro pedindo solucións e futuro industrial para a comarca

by

Este domingo en Viveiro os traballadores e as traballadoras continúan adiante co calendario de mobilizacións nunha gran manifestación en saiu ás 11:30 horas do entorno da Cruz Vermella.

Os manifestantes reclaman ao Goberno español que convoque a mesa multilateral, recuperar a autorización dos ERE e unha tarifa eléctrica para frear os plans de Alcoa. A CIG reclámalle a Alcoa que retire a súa proposta e traslade a negociación ao marco da mesa multilateral.A central lémbralle que calquera solución precisa da actuación dos Gobernos e que ten que ter en conta o impacto nas auxiliares.
A Mariña Alcoa aluminio CIG-Industria industria auxiliar industria electrointensiva mesa de negociación san cibrao tarifa electrica tarifa eléctrica industrial.

Este xoves tivo lugar reunión coa dirección de Alcoa San Cibrao, no marco das convocatporias argalladas de maneira unilateral pola empresa coa representación social tras anunciar o seu plan de recortes de produción e despedimentos. Por parte da CIG demandóuselle á dirección que suspenda este tipo de encontros e traslade calquera negociación ao marco da mesa multilateral que o Ministerio de Industria se comprometeu a reactivar nos próximos días e que sexa neste marco “onde busquemos, negociemos e avaliemos as solucións para a fábrica de San Cibrao”.

“A vontade de diálogo e negociación por parte da representación social está máis que acreditada, como así testemuñan as intensas mobilizacións realizadas na demanda dunha tarifa industrial ou nas propostas feitas para afrontar as capacidades produtivas da fábrica, interpelando os Gobernos e á propia empresa”, lembroulle o secretario xeral da CIG, Paulo Carril á dirección no transcurso da xuntanza. Mais esta vontade dos traballadores e traballadores non está sendo correspondida por Alcoa “que actúa con mala fe, ao precipitar un falso marco de diálogo no que impón o calendario e os asuntos a tratar, coa única decisión de pechar e despedir sen vontade real de buscar unha solución”.

Alcoa actúa con mala fe, ao precipitar un falso marco de diálogo no que impón o calendario e os asuntos a tratar, coa única decisión de pechar e despedir sen vontade real de buscar solución”.Carril afeoulle á dirección da multinacional que con estas reunións pretende revestir “dun carácter pre-negociador” a presentación formal do ERE, cando existe un marco propio para abordar as capacidades produtivas da fábrica “que é precisamente esa mesa multilateral, cuxa constitución non foi cuestionada por ningunha das partes representadas: Goberno español, Xunta, organizacións sindicais, comité e empresa” e emprazou a Alcoa a retirar a súa proposta, non precipitarse na adopción de medidas, e buscar solucións nesa mesa as dúas problemáticas que formula para xustificar o cese da produción de aluminio e os despedimentos: o custe enerxético e a sobrecapacidade do aluminio. “Calquera outro ámbito de negociación no que falten dous actores fundamentais como son o Goberno español e a Xunta, será unha fraude e só servirá para que Alcoa impoña o seu discurso, pero non fale dos nosos intereses, que non son outros que buscar unha solución que dea viabilidade á actividade produtiva e garanta o mantemento de todos os empregos”, afirmou.

Neste senso o secretario xeral da CIG engadiu que resolver as causas que lastran a capacidade produtiva de San Cibrao depende de medidas e cambios normativos que só poden levar adiante os gobernos. “Alcoa di que non hai solución, pero o certo é que parece que non queren unha solución”, espetou.

Xunto a isto, Carril acusou á empresa de desentenderse das consecuencias que a súa decisión ten no emprego das auxiliares, negándose a asumir esta problemática como propia. “Esta é outra razón pola que este marco de negociación non é o axeitado”, aseverou, ao tempo que culpou a multinacional do despedimento de 300 traballadores/as das auxiliares “que tamén son persoal de Alcoa. O impacto nas auxiliares non é un dano colateral, é un dano substancial”.

A Xunta ten que desenvolver un papel activo

Alcoa ten que asumir o impacto das súas decisións sobre as auxiliares, porque non é un dano colateral, é un dano substancial”.Alén diso, e aproveitando a reunión entre o comité e o conselleiro de Industria, a CIG lembrou a Conde que en abril do ano pasado se lle remitiu o informe da UdC avalando a legalidade e viabilidade da intervención pública das plantas de Alcoa (daquela altura aínda era propietaria tamén da fábrica da Coruña) e que, de non recuar a empresa nas súas decisións, actúe para encabezar unha fronte común que force unha saída neste sentido.

Ante a grave crise industrial que atravesamos, Xunta ten que intervir de maneira prioritaria a na defensa do noso tecido produtivo e dos empregos, facendo uso das competencias que ten en materia de industria. Sería un absoluto despropósito que Galiza, sendo excedentaria na produción de enerxía e soportando os custes sociais e ambientais desta actividade vexa ameazado o futuro da súa industria por culpa do alto prezo da enerxía.A CIG reclama dos Gobernos a recuperación do control público do prezo da enerxía e afrontar unha transición enerxética de maneira que sexa realmente xusta tanto social como territorialmente.

Fonte:CIG

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off