off
Cedeira, Ciencia, Galiza, Natureza, Ortegal — 4 Xuño, 2020 at 6:39 a.m.

Onde rachou Panxea hai 200 millóns de anos

by

O proxecto XeoClip vén de publicar vídeo da costa de Ortegal no que enfitamos mais unha vez os cantís máis altos da Europa continental en Vixía Herbeira, con 612 metros sobre o nivel do mar e o abraiante anco do mar en Cortes. Secuencias de dron que permiten encimar o cordal ribeiriño da Capelada onde  “perduran os restos da sutura por onde rachou o gran continente Panxea hai 200 millóns de anos, separando por primeira vez os futuros continentes de Europa e América e deixando fluír por vez primeira o incipiente Océano Atlántico”, afírmase no video.

O vídeo aproxímase tamén aos aguillóns do mar  de  Cariño, formados por rochas de ecloxita,que trazan o que foi a liña de ribeira que o océano foi vencendo. Xa en Teixido, o antigo val glaciar de Teixidelo, a falla e as fervenzas que decorren do coido até as peridotitas que conforman a excepcional praia de area negra de orixe non volcánica.  As Gabeiras  rente o coído do Santo de Lonxe.

 

O equipo de XeoClip está composto por Alberto Fortes Novoa, Fernanda Moltó Roibal, Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro Cacharrón e imaxes tiradas por Martín Montero e Pablo Fernández Ramil.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off