off
Cedeira — 23 Maio, 2020 at 5:37 a.m.

De «Fraga» á «Fraternidade»

by

En plena epidemia,o pleno do Concello de Cedeira retirou unha rúa ao exministro franquista e expresidente autonómico galego, Manuel Fraga Iribarne, nunha sesión extraordinaria celebrada o pasado 9 de marzo a corporación municipal decidiu cambiar de nome a rúa «Fraga Iribarne» por  «Fraternidade», no cumprimento da Lei de Memoria Histórica e de respecto ás vítimas do Franquismo.A medida saíu adiante cos votos do Goberno municipal, que ostenta o PSOE, e do grupo municipal do BNG, mentres que o Partido Popular votou en contra

O Goberno local xustificou esta decisión en que a vía recibiu o nome do histórico dirixente do PP “na época na que desempeñaba un cargo no Franquismo” e desvinculouno do seu posterior papel á fronte da Xunta e do partido das populares galegas.

“En Cedeira hai outras cousas que inaugurou Fraga na súa etapa como presidente da Xunta que non imos tocar”, excusouse o rexedor, Pablo Moreda, en declaracións a Europa Press.

Moreda apelou aos escritos remitidos desde a Presidencia do Senado en febreiro de 2018, setembro de 2019 e xaneiro de 2020, nos que se indicaba ao Concello os acordos adoptados nestas datas “para a admisión a trámite da solicitude de remisión, por parte do Concello de Cedeira, dos expedientes municipais nos que se comunica ao Instituto Nacional de Estatística (INE) o cambio de denominación” desta rúa.
Banalizando o pasado fascista de Fraga,segundo Luis Rubido (PP) o requirimento do Senado é “un documento xenérico ao que se quixeron agarrar para tomar esta decisión”, e insistiu en que o aprecio que lle tenia Fraga a Cedeira quedou patente “no momento en que foi ministro de Información e Turismo, nunha época onde se crearon por vez primeira os municipios de Interese Turístico” e a localidade galega “inaugurou esta lista”.
Porén, o rexedor do PSOE insistiu na decisión e na importancia de cumprir coa Lei de Memoria Histórica, por respecto ás vítimas do Franquismo. “Recibimos tres avisos desde o Senado de que tiñamos que cambiar o nome da rúa”, reiterou.

Por imperativo legal

Ambos e dous apelaram ao imperativo legal como alegado argumento para defender o contrario, mas non ao deber ético e politico de construirmos unha cultura democratica que desde a cruel pedagoxia do franquismo, sirva para algo mais que para a propaganda,da que por certo, Fraga sabia moito.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off