off
Agro, Cedeira, COVID-19, Galiza — 8 Maio, 2020 at 5:32 p.m.

A Xunta publica as parroquias para os paseos sen franxas horarias

by

Cada Concello poderá manter as restricións se algunha destas entidades foi “absorbida polo casco urbano” e mesmo poderá incorporar á lista algunha parroquia máis.

O 1 de maio o BOE publicaba a orde ministerial que regulaba os paseos e o deporte ao aire libre para toda a poboación, que ían ser permitidos ao día seguinte. No texto engadíase unha excepción, que sinalaba que as franxas horarias “non serán de aplicación a aqueles concellos e entes de ámbito territorial inferior ao municipio que administren núcleos de poboación separados cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes”.

O que foi interpretado que este límite deixaba fóra a aqueles concellos e entidades locais menores que tiñan menos de 5.000 habitantes, as mais numerosas ns Galiza. Porén, despois duns días algunhas voces comezaron a reclamar que o texto legal se interpretase de forma máis ampla, entendendo eses “núcleos de poboación separados” non como o concello na súa totalidade senón como os núcleos que o conforman.
Nestor Rego(BNG) foi quen retrucou a aplicacion dun criterio que alicerza no “descoñecemento da realidade de Galiza” en ámbitos como a distribución territorial das medidas para o desconfinamento.
“Sempre tivemos claro que o obxectivo principal é salvar vidas”, defendeu Rego (BNG), que espetou a Sánchez que «o ámbito de decisión na fase de desconfinamento progresivo debe ser Galiza a partir dos criterios xerais que poida marcar o Goberno español ou do seu papel de coordinación”. Feijóo acabou por asumir un criterio acaído a realidade territorial galega e asi o reclamou formalmente ao goberno central.

Este xoves a Delegación do Goberno confirmou que a orde ministerial publicada o pasado 1 de maio se podía interpretar de xeito menos restritivo no referido aos “núcleos de poboación separados cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes»

A Xunta enviou á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) un listado de 1.428 parroquias nas que a partir deste venres xa non haberá que respectar as franxas horarias previstas para saír a dar paseos ou facer deporte. Faino “.

En todos os concellos de menos de 5.000 habitantes a poboación poderá realizar os seus paseos ou actividade deportiva entre as 6 e as 23 horas. Ainda que esta liberdade tamén se aplicará nas parroquias que, a pesar de pertencer a concellos que superen os 5.000 habitantes, non cheguen por si soas a esa cifra de poboación.

Na listaxe hai parroquias claramente rurais e conformadas por unha poboación moi espallda, mas tamén outras totalmente urbanizadas.

Iso signica que as sete parroquias cedeirenses cumpren criterio, mesmo que ten máis poboacion, Santa Maria do Mar (4589),o nucleo vilego de Cedeira.

As 410.000 persoas que viven nos 210 concellos de menos de 5.000 habitantes uniranse outros 866.000 que habitan as parroquias rurais afectadas por este novo criterio. Isto é, 1,27 millóns de galegos e galegas terán liberdade de horarios, mentres que os restantes 1,4 millóns seguirán sometidos a franxas horarias.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off