off

O BNG de Cedeira propón accións de reactivación económica e social

by
O BNG de Cedeira vén de emitir comunicado no que  agradece e parabeniza os veciños e veciñas de Cedeira  polo seu “extraordinario comportamento que está a demostrar en circunstancias tan extraordinarias como as que estamos a vivir” e propón a elaboración dun plan de reactivación económica e social acaído á realidade de noso
Segundo a voceira da oposición do BNG no Concello de Cedeira Maria Xosé Rodriguez, “a  nosa posición nestes casi dous meses como grupo da oposición foi tratar de levar un seguimento do que acontecía no noso Concello e das diferentes decisións que se foron tomando” co alvo de  “ofrecer a nosa axuda desde o primeiro momento en calquera cuestión que se nos requirira e tamén apoiar o labor do goberno municipal nuns momentos tan complicados”.
Unha vez que parece que a peor fase da crise sanitaria empeza a remitir, o BNG acha que  os concellos como administración máis próxima á cidadanía deben contribuír á reactivación económica e á recuperación dos sectores sociais máis castigados: persoas que antes da crise xa eran vunerables e agora o son máis, persoas que viron mermados drasticamente os seus ingresos por culpa do Covid19. Por iso, en comunicado emitido onte, o BNG solicita ao goberno municipal de Cedeira que se implementen tres medidas que consideramos urxentes e imprescindibles nas circunstancias actuais:
1. Servizos Sociais, aumentar os recursos actuais desta área, tanto de novo persoal como de aumento dos orzamentos de que dispón, o traballo do persoal municipal de atención no fogar nesta crise foi e sigue sendo excepcional no cuidado dos nosos maiores e débese garantir o seu bo funcionamento. A actual crise disparará o número de persoas que pode estar ao límite para satisfacer as súas necesidades básicas. Establecer axudas de emerxencia ás familias máis desfavorecidas e vulnerables afectadas polo confinamento.
2. Comercio e hostelería local, é necesario un plan para a reactivación do comecio e da hostelería local por ser un sector moi importante no municipio e dos máis castigados por esta situación. A recuperación do consumo suporá unha reactivación económica que beneficiará a todos. Axudas directas para campañas de activación do comercio local e axudas directas para o pago de cuotas de autónomos en cese de actividade.
3. Condonar impostos e taxas dependentes do Concello, calquera axuda que sexa competencia do Concello por pequena que pareza debe ser aplicada. Non cobrar os recibos da auga e lixo a negocios e familias en situación económica vunerable. Non cobrar pola ocupación do solo público das terrazas. Retrasar e rebaixar o cobro do IBI.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off