off
Cedeira, COVID-19, Galiza, Mar e Pesca — 3 Maio, 2020 at 8:15 a.m.

Seis mariñeiros do ‘Notre Dame’ deron positivo na proba de COVID-19

by

O barco de Cedeira ‘Notre Dame’, dos armadores Hermanos García,  patrón de Viveiro e con 16 mariñeiros houbo de atracar no porto de Celeiro (Viveiro) , onde seis  deron positivo na proba de COVID-19 que se lles realizou, segundo confirmaron a Europa Press fonte municipais. O barco arribou a porto a pasada sexta feira despois de estar a faenar no Gran Sol, realizáronse probas para detectar a COVID-19.O patrón ingresou no Hospital da Mariña, situado en Burela, e a súa evolución é nestes momentos “favorábel”, segundo as fontes consultadas.

Notre Dame Cedeira, oficialmente sediado en La Rochelle (França), pescaba hai tres semanas nos pesqueiros comunitários de Gran Sol. Xa descarregara unha maré num porto irlandés, onde as tripulacións non poden baixar a terra.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off