off
Ciencia, Educação, Galiza, Meio ambiente, Natureza — 7 Abril, 2020 at 8:50 a.m.

ADEGA ofrece Eco-ideas para pasar a corentena e recursos didácticos para docentes, nais e pais

by

Unha magnífica oportunidade para facer introspección e reflexionar sobre como nos estamos a comportar co medio ambiente e co patrimonio colectivo, e como podemos contribuír, segundo ADEGA, sobre todo desde o plano individual, a combater dentro da nosa comunidade outra grande crise á que nos enfrontamos: a crise climática ou ecolóxica global.O único que cómpre facer é subscríbirse para recibir os recursos didácticos e as Eco-ideas

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, irá lanzando nos vindeiros días varias propostas de actividades ou ECO-Ideas que se poden desenvolver desde os nosos fogares e que contribúen a minguar o noso impacto ambiental no local e no global. Así pois, pretendemos tamén promover que a sociedade en xeral reflexione sobre os actuais acontecementos e como esta crise sanitaria é un reflexo da crise ambiental e social existente. Ofrecer puntos de vista contrastados sobre diferentes temáticas ambientais interesantes.

As propostas sosteranse en diversos formatos (vídeo, documentos, imaxes, etc.) e tratarán diversas temáticas nas que ADEGA está a traballar. Poderán ser obradoiros para a elaboración natural ou ecolóxica de produtos de limpeza, hixiene ou cosmética, consellos sobre como xestionar os nosos residuos na casa, ou información relacionada cun consumo responsábel. Estas Eco-ideas serán compartidas a través da web e das redes sociais de ADEGA, e todas elas levarán o hagstag #EuFicoNaCasaConADEGA

Tamén porá a disposición dos docentes que así o desexen unha listaxe de materiais relacionados con iniciativas de conservación, custodia do territorio, ou con temáticas como a contaminación, o aforro e a eficiencia enerxética, a xestión adecuada dos residuos domésticos, ou a observación e o estudo da biodiversidade. Todos estes materiais están vinculados aos diferentes proxectos que ADEGA desenvolve como Proxecto Ríos, Compostaxe caseira e comunitaria, Proxecto Cerna, Charcas con Vida, Lixo Mariño, Living River ou Especies exóticas invasoras.

Os materiais poderán ser descargados en distintos formatos: fichas de actividades, fichas de identificación, manuais e protocolos, póster, vídeo, publicacións, enquisa, website, relatorios ou exposicións..

Se es profesor/a, nai ou pai e queres acceder aos recursos didácticos sobre medio ambiente e educación ambiental de ADEGA, pódeste subscribir ao envío de material a través deste formulario: http://bit.ly/2yeYk0k ou consultar calquer pormenor da proposta a través do email adega@adega.gal

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off