off

Google revela dados de mobilidade mostrando como funciona o confinamento Covid-19

by

Google tamén mostra a sociedade de control na que moramos.

Os datos de millares dede teléfonos móbiles permitiron a Google analizar se estamos cumprindo os confinamentos e outras restricións que se ordenaron en todo o mundo para intentar controlar a pandemia da Covid-19.A análise realizada a cento trinta e un estados compara o tráfico do 16 de febreiro ao 29 de marzo en diferentes categorías, como espazos de venda polo miúdo e de lecer, estacións de transporte público, parques, mercado e emprego.En Galiza, os efectos son abafantes sen chegar a ser os máis estritos. Hai unha clara diferenza antes e despois do confinamento: as visitas e o tempo de lecer (lugares recreativos, restaurantes e salas de cine) en máis do 90%, aos parques e os espazos reducíronse máis dun 84%, e ás estacións de transporte público un 88%. Os locais traballo tamén se reduciron en perto dous terzos, cifra que redundará nun confinamento maior.

No ámbito estatal, o confinamento foi especialmente salientabel en Italia e España, onde as estancias en espazos de servizo non esenciais reducíronse en perto do 90% e nos locais de traballo perto de dous terzos.

A situación está en forte contraste cos estados que mantiveron moitos establecementos abertos e centrados na contención da pandemia con probas masivas e outros métodos de desprendemento social. A diminución das visitas de tempo libre só é do 26% en Xapón, do 19% en Corea do Sur e do 24% en Suecia. E no caso dunha estadía no traballo, os efectos tamén son mínimos.

Sociedade de control

Alén do contido obxectivo do seguimento, a monotorización realizada por Google mostra a sociedade de control na que moramos. Há un certo fascínio na idéia de que as cidades permitem que uma persoa se sinta en casa e como un estraño. Que se possa conhecer as ruas e lojas, avenidas e becos, além de passar dias sem ser reconhecido. Porém, à medida que as elites enchem as cidades com tecnologias “inteligentes” – transformando-as em plataformas para a “Internet das Cousas” (IoT),  sensores e computación incorporados a obxectos físicos que, en seguida, conectan comunican e  transmiten informacións entre si.

Hai pouca posibilidade de fuga dunha rede continua de vixilancia e poder. Nesa crise sanitaria fican á luz a vixilancia biométrica como forma de control e a vixilancia automática como unha forma de manipulación especialmente brutal e esixente. A tecnoloxía xa permite que a policía poida gravar, rebobinar e ampliar o vídeo aéreo para que poidan rastrexar os movementos de vehículos específicos e persoas dentro das cidades. O potencial de control de multitude de ter un tempo real e rexistrado  é enorme. A escalada de trazabilidade non é sorprendente nin nova. É outra capa tecnolóxica máis

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off