off
Educação, Galiza, Saúde — 12 Marzo, 2020 at 12:32 p.m.

A Xunta suspende as aulas na Galiza partir do dia 16

by

E durante 14 días mínimo, a  Xunta suspende as aulas en todos os niveis educativos.Hoxe venres de forma voluntaria e o luns obrigatoriamente.Mañá venres de forma voluntaria e o luns obrigatoriamente.

“Mañá, sexta feira, os centros estarán abertos mais recomendamos que non se vaia”, informou o presidente da Xunta esta quinta feira na súa comparecencia após o Consello.

Suspensión da actividade lectiva cando onte comunicaran todo o contrario ás direccións da Coruña ou cando na comisión de seguimento nada dixeron», comenta no Twitter Suso Bermello,secretario nacional de CIG-Ensino.«Faino ademais sen previa comunicación ao profesorado nin aos sindicatos»,acrescenta.

Deixa así a decisión en mans de nais e pais. A suspensión será durante 14 días. Esta á unha das novas medidas adoptadas polo Goberno galego para facer fronte ao coronavirus.  Tamén se decidiu que fechen bibliotecas, museos e arquivos. A partir desta sexta feira, ademais, “pechamos os centros sociocomuntarios”.

O presidente dixo que hai 63 casos rexistrados na Galiza de coronavirus, 35 confirmados e 28 pendentes de confirmar, segundo informou o propio presidente na comparecencia. A prevalencia na Galiza é de 2,3 casos por cada 100.000 habitantes, explicou Feixoo, o que é unha taxa por baixo da media do Estado.

A esta medida súmase o feche de centros sociocomunitarios, á limitación a 50 persoas o aforo en espazos pechados  e o protocolo de actuación no emprego público que activa medidas de teletraballo e flexibilidade horaria no funcionariado.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off