off
Galiza, Mar e Pesca, Movementos sociais, Sen categorizar — 6 Marzo, 2020 at 1:01 p.m.

Os traballadores de salvamento denuncian opacidade e incumprimento de condicións de licitación dos helicópteros de Gardacostas de Galicia

by

Segundo  un comunicado do colectivo de traballadores de salvamento, a empresa concesionaria incumpre as condicións de licitación dos helicópteros de gardacostas  e denuncia a falta de vixilancia e control por parte da Xunta de Galicia en cumprimento do servizo  prestado polos helicópteros Gardacostas de Galicia Pesca 1 e Pesca 2. Hai un ano este colectivo pedía melloras laborais para seguir rescatando vidas. Só son visibles cando hai un rescate dos chamados imposibles, cando a construción do “heroi” aculta ao traballador

A empresa actualmente adxudicataria do servizo é Babcock MCS España (antiga Inaer) que opera cos helicópteros mercados á Xunta de Galicia en 2012. En maio de 2012, a Xunta de Galicia defendeu que a obsolescencia dos helicópteros  argumentando que os venderia en troca dunha redución no pagamento de servizos. Após finalizar o contrato en que os helicópteros facian parte do pagamento, en 2017 un novo concurso foi licitado para a contratación do Servizo de Resgate con Helicópteros de Gardacostas, que fica abandonado cando nenhuma empresa é apresentada, o que forza a Xunta a aumentar o orzamento en 8,5 millóns de euros por ano. Esta nova licitación adxudicouse en outubro de 2017, publicada no DOGA do 17 de novembro 2017. Este contrato de servizo técnico inclúe, entre outras, as condicións técnicas que deben ser atender aos dous helicópteros.

Despois do comunicado, Ollaparo pregúntase como é que se chegou a esta situación de risco estructural para un colectivo que arrisca a vida día a día para garantir a seguridade dos galegos e galegas?  Desde cando non se cumpren as condicións  estipuladas para un servizo desta complexidade? Houbo auditorias das condicións e capacidades do servizo? E de habelas, u-los os resultados? Todo apunta a unha opacidade intolerable da empresa concesionaria do servizo de salvamento e, sobretodo, da propia Xunta cando ignora o espírito e ética que define una prestación pública como o de salvamento nun país con 1500 quilómetros de costa e que ten na actividade pesqueira un sector estratéxico que conforma o seu propio ser.

Falamos este venres con varios traballadores –  de un colectivo de 45 adicados ao contrato de gardacostas- sobre o contido desta denuncia pública, que non é outro que o incumprimento de aspectos chave que afectan o tempo de resposta, as inoperatividades e os helicópteros de substitución e outros aspectos técnicos das condicións do helicóptero  xa que estas carencias comprometen as capacidades ofrecidas e asinadas no contrato, afectando seriamente a seguridade das tripulacións  que se ve na obriga para exercer as súas funcións con medios moito máis precarios xa que non se teñen en conta  a inoperatividade dos medios de comunicación auxiliares, incluídas as relacionadas coa substitución.

“Só queremos facer o mellor traballo, coas ferramentas máis adecuadas e coa maior seguridade”, afirman.

Entre as caracteristicas e especificacions incumpridas destacan as seguintes:  que a empresa concesionaria poña a disposición da Conselleria outro helicóptero con características e vantaxes iguais ou superiores no menor tempo posible e   un helicóptero a disposición da consellería para o seu relevo temporal  das características indicadas nesta especificación, que as características básicas do helicóptero de substitución e dos seus equipos non sexan inferiores ás esixidas aos helicópteros de servizo e indicadas como especificacións técnicas no punto 2.8.2., polo que a oferta debe especificar iso, a saber, que  a empresa gañadora non poderá realizar substitucións de aeronaves sen coñecemento previo ou aceptación da Conselleria (2.6.9);  a falta de sistema de transmisión de imaxes en tempo real, una guindastre auxiliar de rescate, cunha lonxitude mínima de 45 m. de cable e 300 Lbs. de peso máximo de elevación / baixada; gancho baricéntrico para transportar polo menos 1.500 kg como carga externa; un sistema de detector de infravermellos, tipo Flir 2000, Wescam ou semellante e un faro traseiro, axustable pola tripulación da cabina para os rescates nocturnos.

“Un servizo ao que dedicamos a nosa vida, pagado co diñeiro de todos, e do que deberiamos sendo orgulloso, un negocio convértese en mentira e ao servizo duns poucos”

E conclúen: “Somos os propios traballadores os que estamos na obriga moral de informar estes feitos, xa que desde a dirección de Gardacostas non se toman medidas e a Xunta ten que ser coñecedora da situación xa que hai meses que foi informada”.

 

Babcock MCS España

A baixa transparencia da Babcock Espanha é hai moito denunciada, unha vez que non torna públicas as contas, desde a Inaer, presidida por Luis Miñano até 2012, que deixou a Babcock unha herdanza de mais de nove millóns de euros en débedas. Hai pouco mais de um ano, a Audiencia Nacional desbotaba un apelo da multinacional após descobrir operacións irregulares e simulacións de empréstimos de empresas para evitar o pagamento de impostos por mais de seis millóns de euros mais outros tres millóns de euros no conceito de sanción.A sentenza afirma que Inaer Aviation Spain S.L “tería simulado empréstitos participativos concedidos polos seus socios para financiar a adquisición de accións da propia compañía”. Estes eventos sucederon en 2017 xusto cando a compañía decidiu mudar a súa nomenclatura, a reforma tamén formaba parte dunha estratexia que chega a Galicia onde Babcock encárgase dos contratos públicos de salvamento e operacións contra incendios da Xunta de Galicia? O certo é que esta empresa estivo no punto de mira das axencias de control como o “Consello de Contas” debido a supostas irregularidades e ao non ter coñecemento das súas obrigas tributarias, o que pon en risco a operatividade dos servizos de emerxencia aéreos.Con demasiada frecuencia, certas organizacións prestadoras de servizos obteñen a marxe económica às custas de piorar as condicións de traballo de seus operarios. Ás veces, a administración “esquece” que detrás do recorte do prezo dun contrato de atención a persoas (non é outra cousa que coidar) hai traballadores e beneficiarios que ven como o aforro recae nas súas condicións de traballo e na calidade da atención prestada. A pelota, en todo caso, está no tellado das institucións galegas

 

Quen garante e defende os servizos públicos? 

As condicións de traballo de pilotos, socorristas, técnicos, e operarios de salvamento e loita contra incendios como na saúde pública – na mesma medida que a atención e coidado de nenos e anciáns, educación e a inclusión de persoas con discapacidade, entre outras moitas áreas decompromiso no coidado das persoas- define a ética e a cohesión social dunha sociedade.O noso país non é alleo a esta consideración. Froito dunha historia caracterizada en gran parte polo empuxe e pulo da xente do mar e do agro que, a falta dunha administración axeitada, houbo de tirar de iniciativas individuais e colectivas de axuda mútua e solidariedade interveciñal (como volveu ficar claro durante a crise do Prestige e aconteceu milleiros de veces na costa cos naufraxios) que proporcionaron unha ampla gama do que agora chamariamos “servizos públicos de urxencia”. É importante non esquecer este feito cando se están deturpando o sentido universal dos servizos públicos e cando a propia  Xunta se apresura na concertación de servizos públicos e na cesión da administración pública ao neoliberalismo.

A ambigüidade actual favorece un estilo de xestión pública que na práctica xoga coas condicións de traballo das persoas, enfrontándoas en primeiro lugar aos seus empresarios, que moitas veces non teñen alternativa se queren ter presenza e sobrevivir no seu sector, dado que as condicións son impostas pola administración que contrata o servizo.

Un modelo que pon cuestión o papel exclusivo da administración do autogoberno como garante da equidade e da xestión do ben común, que no canto de promover  a cooperación desde a orientación social da economía para resolver desafíos públicos complexos, preservando o interese xeral e beneficiándose da experiencia e profesionalidade dos traballadores, que en moitos casos acumulan centos de horas de adicación,  bo traballo  e “con pracer e com orgullo” acaba xerando condicions de vulnerabilidade aos traballadores e  á cidadanía que recibe a prestación do servizo,  colocando o lucro das empresas ou persoas acima do bem común.

Desde a perspectiva da responsabilidade pública, calquera concesión debe protexerse das empresas que só pensan na distribución de dividendos aos seus accionistas. Os servizos sociais e sanitarios públicos, segundo recoñecen as mesmas directivas comunitarias, non son unha actividade de mercado e deben estar protexidos das empresas, nas que a distribución de dividendos aos seus accionistas é o alvo. A fórmula para obtelos, probabelmente, pasa por unha redución das prestacións e na cualidade do servizo. Até que punto non é unha perversión adxudicar os servicios de salvamento e contraincendios a sucesivas empresas que pertencen todas elas a multinacionais como Babcock International Group ? O princípio da dignidade do traballo deb ser tan ou mais garantido que o da libre concorrencia, que non parece en vista de quen acaba monopolizando as concesións.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off