off
Ecoloxía, Galiza, Meio ambiente — 5 Marzo, 2020 at 5:36 p.m.

Aparecen aves petroleadas por unha vertedura de orixe descoñecida

by

O Cemma vén alertando desde a fin de semana da aparición de aves petroleadas en moitas praias dende a Ría de Vigo até Malpica. Sospéitase de varios sentinazos.

En declaracións a Europa Press, Alfredo López, biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños(Cemma), afirmou que  a vertedura afecta un grande número de aves, da ría de Vigo até a Costa da Morte. “Imaxinamos que é por algunha vertedura, pero ten que ser moi grande” para alcanzar zonas tan dispersas. E é que Alfredo López deixa claro que “non é algo puntual que ocorra nunha praia determinada”, afirma.

Foto.CEMMAcetaceos

No Facebook do Cemma vense alertando desde a fin de semana que estaban aparecendo aves petroleadas en moitas praias dende a Ría de Vigo ata Malpica. Segundo un informe elaborado polo Grupo Naturalista Hábitat xa ian  80 individuos atopados de 7 especies  o dia 3/3/2020. Os equipos do Cemma  están dando apoio a quen está rexistrando os casos e recollendo mostras xa que a administración non está a facer nada. As primerias conclusións apuntan a que hobuo  varios  sentinazos ou vertidos. Nas ribeiras de  Pontevedra detectouse unha substancia branca viscosa  e numerosas aves impregnadas dunha substancia alaranxada de aspecto oleoso, que embebiu totalmente algúns dos corpos atopados; e algunhas outras aves apresentaban manchas de fuel máis denso, que tamén lixaba o mar, especialmente patente na zona da Lanzada o día 2.3.2020. A especie máis afectada foi o Arao paragaio, con aves moi afectadas en xeral.

Ramos, A. & Romay, C. D. 2020. Boletín 1 da Inspección de Praias da Coruña. Grupo Naturalista Hábitat. URL: https://gnhabitat.org/inspeccion-de-praias-da-coruna-ipc/ (con acceso: 5/3/2020)

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off