off
Cedeira, Infraestructuras e Comunicacións, Meio ambiente — 4 Marzo, 2020 at 8:34 a.m.

Cedeira lanza campaña de senbilización no uso correcto da rede de sumidoiros

by

[Pingota Comunicación]  O Concello de Cedeira inicia unha campaña de información pública para sensibilizar á veciñanza sobre a importancia que ten para a calidade ambiental da ría o uso responsable da rede de sumidoiros. “A ría de Cedeira comeza nos sumidoiros” é o lema dunha iniciativa coa que se queren evitar xestos tan nocivos como verter a auga dos fregados, tirar cabichas e lixo no chan ou directamente no sumidoiro.
Neste sentido, lembran que existe unha rede urbana para a recollida das augas pluviais que remata na desembocadura do río Condomiñas e mesmo na ría, o que fala “da importancia de adoptar condutas respectuosas con noso entorno”. Tamén se insiste no feito de apostar por verter cada residuo no colector axeitado, usar as papeleiras e baleirar a auga socia no inodoro para garantir un correcto tratamento e eliminación de cada refugallo.

A campaña deu comezo con charlas informativas no CEIP Nicolás del Río, entre escolares de 4º, 5º e 6º curso de Primaria. Baixo o título “Onde vai a auga que usamos?” os rapaces e rapazas descubriron como afecta o seu comportamento na casa o no funcionamento da rede de saneamento.

A iniciativa dará lugar así mesmo á sinalización dos sumidoiros para lembrar aos transeúntes que nese punto comeza o mar. Así, cun pequeno xesto de colaboración cidadá contribuirase a manter limpa a nosa ría, afirman fontes do goberno local.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off