off
Movementos sociais, Xente — 11 Febreiro, 2020 at 6:46 p.m.

Admitido o recurso de Pintos

by

O Tribunal Supremo admitiu a trámite o recurso de casación que vai apresentar Xesús López Pintos e a CIG contra a sentenza da Administración de Xustiza,sendo ponente o xuiz Llarena.

A CIG xa avanzara o 22 de novembro que ia estudar “todos os recursos legais” ante a sentenza condenatoria contra Xesús López Pintos.

A Audiencia condenou o sindicalista “por agredir a un policía durante unha protesta por un acto electoral do PP en Ferrol”, absolvendo o funcionario do 091 dos delitos de tortura, contra a integridade moral e lesións polos que foi acusado. Respecto ao funcionario do 091, os maxistrados decretaron a súa absolución dos delitos de tortura, contra a integridade moral e lesións polos que foi acusado e foi indemnizado con 840€.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenaba a quen en outubro de 2012 ainda era secretario comarcal da CIG en Ferrol, hoxe xubilado, a seis meses de prisión “por agredir un axente da Policía Nacional durante unha protesta diante dun hotel de Ferrol no que o PP realizaba un acto de campaña electoral”. As derradeiras semanas de 2019 houbo várias mobilizacións cidadás en Ferrol para reclamar a absolución do sindicalista cedeirense.

Sentenza condenatoria controvertida e mesmo “inconcebible” segundo a CIG xa que foi Pintos quen acabou sendo agredido pola policía, tanto durante as cargas como despois, mentres permanecía deteido e incomunicado en comisaría.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off