off
Galiza, Meio ambiente, Política — 11 Febreiro, 2020 at 12:38 p.m.

As portas xiratorias do PP fican a luz despois da fichaxe da ex-conselleira Mato por Greenalia

by

Mato será futura directora da nova Fundación Greenalia. Conforme confirmado pola própria empresa de fontes renovábeis en comunicado, a ex-conselleira do Meio Ambiente uniuse à empresa que en poucas semanas abrirá sua planta de biomassa en Curtis, unha das maiores do Estado e un de seus principais proxetos , depois de procesar seus permisos e autorizacións  durante a estada na que Mato dirixiu o Departamento.

Menos de dous meses despois de anunciar que abandonaba o palacio municipal de María Pita, Beatriz Mato fichou por Greenalia, cuxa sede está situada practicamente diante dela, na mesma praza do centro da Coruña. Segundo Greenalia  o traballo de Beatriz Mato será “a implementación da estratéxia de responsabilidade social corporativa da empresa”, coa  cal “quer dar mais un paso na responsabilidade e no envolvimento coa contgorna, tanto na área social canto na social”. A ex-porta-voz do PP na cidade de Coruña tamén será “responsábel pola  criazón e direción da nova Fundación Greenalia”, que, segundo a empresa, será responsábel polo “apoio à transición, inclusión e igualdade enerxética ” Essa nova entidade, que será liderada por Mato, entrará en operación neste primeiro semestre de 2020.

Un exemplo máis de vasos comunicantes:  Carlos del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente con Fraga entrou en ENCE logo de que o PP perdera a Xunta. No consello de administración da pasteira partilla cadeira cos seus correlixionarios Isabel Tocino, ministra de Medio Ambiente con Aznar e Pascual Fernández, secretario de estado de Augas e Costas tamén con Aznar, entre outros. As decisións tomadas por estes responsábeis públicos no exercicio dos seus cargos foron determinantes para o mantemento de ENCE en Lourizán.

 

 

19 novembro 2018

Adega pon en destaque que a Xunta de Feixóo modificou a Lei “á carta” cando a comezo de  2016 unha empresa enerxética (Renova Generación S.L.) foi adxudicataria de 50MW en biomasa na subasta anual das renovábeis. En outubro dese ano Renova Generación S.L. presentou na Xunta un proxecto para construir en Curtis unha planta de xeración eléctrica con biomasa de 50MW. Mais acontecía que nesa altura o límite de potencia destas plantas eran 10MW, establecido no Decreto 149/2008 aprobado polo bipartito. O proxecto sobardaba pois o máximo legalmente permitido, malia ao cal Industria e Medio Ambiente comezaron a tramitalo. Apenas 2 meses despois o PP derrogou esta normaf através da “Lei de acompañamento” dos orzamentos de 2017, liberalizando a potencia das plantas de biomasa. E a principios de 2017 apareceu un proxecto similar coas mesmas características (50MW) e ubicación (Curtis-Teixeiro) da man de “Greenalia S.L.”, nova denominación de Renova Generación S.L.

“En  agosto de 2017  o departamento de Mato, na altura conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato (de 2015 a 2018) autorizou a planta. En menos de 8 meses pasouse da da ilegalidade á autorización”, afirma Adega

 

Na xeira de Mato a frente de Medio Ambiente, a Xunta autorizou  5 parques eólicos ás  filiais de Greenalia, concedendo 795,000€ en subvencións e 1.000.000€ en préstamos ás empresas do grupo. “Algúns dos parques autorizados, como o parque eólico Campelo, a carón da lagoa de Alcaián en Coristanco e Santa Comba, amosan graves afeccións ambientais a hábitats prioritarios e mesmo a especies endémicas en perigo de extinción, únicas no mundo. Porén seguen adiante, deixando claras as prioridades da Xunta á hora de escoller entre os intereses empresariais e a protección do ambiente. A teor dos outros precedentes citados, estas decisións veñen de ter agora a súa merecida recompensa”.

O voceiro do BNG na Coruña, Francisco Jorquera, afirmou  que a súa formación investigará se a ex conselleira “incorre ou non nun dos casos de incompatibilidades previstas pola lei”. “Parece que Bea Mato usara o Concello para tratar de evitar unha imaxe de portas xiratorias”, dixo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off