off
Cedeira, Galiza, Movementos sociais, Política — 23 Decembro, 2019 at 3:38 p.m.

Praza 18 de decembro:homenaxe aos 13 fusilados da ditadura franquista en Cedeira

by

Cedeira  homenaxea aos que defenderon a liberdade

As 12 do mediodia foi nomeada a praza “18 de decembro” en lembranza dos trece veciños de Cedeira fusiliados polos fascistas no castelo de San Felipe de Ferrol.

O acto comezou coa interpretación do “Abrente en Cordobelas”. Esta peza musical é da autoría dun sobranceiro músico cedeirés: Roxelio de Leonardo Bouza e exalta o mencer, a alborada, como simbolismo do renacer. É unha peza que adoita tocarse en actos locais que leven consigo esta arela de rexudirmento.

Despois da intervención institucional por parte do alcalde, Pablo Moreda, que agradeceu a todos os grupos políticos da actual e anterior corporación por ter apoiado estas iniciativas de recoñecemento e restauración da dignidade daqueles veciños e veciñas que, dunha ou outra maneira, sufriron a represión dos golpistas, Tere de Curro, neta do alcalde fusilado, dirixeu unhas emotivas palabras en representación das familais dos represaliados.

A continuación foron as breves intervencións de diferentes membros/as da sección local de Cedeira da Asociación Memoria Histórica Democrática.

Descúbrese, entón, o panel que resume  sufridos por estes trece veciños de Cedeira e honra a súa memoria, así coma a doutras persoas represaliadas. Ata ese intre permanecía baixo unha bandeira galega.

Faise unha ofrenda floral, aisitente a asistente, depositando un cravo vermello.Rematou o acto coa interpretación do Himno Galego.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off