off
Cedeira, Galiza, Mar e Pesca, Ortegal — 19 Decembro, 2019 at 10:54 a.m.

Anegamentos e refachos de 126,7 en Cedeira

by

 

O temporal de choiva e vento que esta cuarta feira visitou Galiza deixou máximas de vento de 1 52 quilómetros por hora en Oia e choiva a canadas, nomeadamente no interior da Coruña, onde en Val do Dubra ou Santa Comba randiveron polos 100 litros por metro cadrado durante a tarde.Segundo a información de Meteogalicia, o refacho de vento máis forte rexistrouse no sur do país, en Oia, onde se rexistraron 152 quilómetros por hora. En Viveiro, na costa norte, chegouse aos 138,2 quilómetros por hora.

As fortes choivas causaron numerosos anegamentos e cortes de estradas polo desbordamento dos ríos Superáronse os 98 litros por metro cadrado en Santa Comba e os 97 en Val do Dubra anegaron grande parte do territorio. En Ferrol, Fene, Perlío e Cedeira por zonas (nomeadamente na Gaias da Area) todas elas de grande potencial de anegamento. A toponimia é reveladora. Asfaltouse tanto que o chao xa non é permeable.

Segundo o MeteoGalicia as baixas presións continúan no Atlántico norte, collendo a Galicia no seu radio de acción. Deste xeito seguimos cos ceos moi anubrados e con chuvias, máis frecuentes e intensas na metade sur do país, localmente treboentas. As temperaturas descenderán lixeiramente con escasa oscilación térmica na xornada. Os ventos soprarán fortes do suroeste.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off