off
Galiza, Globalização, Mar e Pesca, Meio ambiente — 23 Novembro, 2019 at 6:49 a.m.

Un buque quimiqueiro de 129 metros de eslora e sen carga a bordo encallou na costa de Ares

by

Ia sen carga e encallou ás 23,50 horas por mor do temporal entre as praias de Barrosa e A Canteira, na zona de Punta Miranda. Segundo fontes consultadas, o barco quimiqueiro tivo un problema na máquina cando saía do fondeadoiro de Ares para tomar práctico e entrar na Coruña, pero a avaría deixouno a mercé do vento e as ondas.

 

O buque procedía de Bilbao e ía ao peirao da Coruña para carregar material na terminal de Repsol, 6.000 toneladas dalgún produto químico sen especificar. Alén diso, o capitán do ‘Blue Star’ informou que os tanques non foron afectados e non hai contaminación na zona e que, se se producise algunha vertedura, sería combustible do barco.Ao lugar do desprazáronse catro remolcadores, os buques de Salvamento Marítimo ‘María Pita’ e ‘Don Inda’, un terceiro o da Xunta ‘Ría de Vigo’ e tamén se mobilizou o ‘Ibaizabal Nove’.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off