off
Ecoloxía, Galiza, Globalização, Mar e Pesca, Meio ambiente, Mundo, Sen categorizar — 21 Novembro, 2019 at 11:38 a.m.

Dia Mundial da Pesca: entre a superexplotación de peixes e persoas

by

A Organización das Nacións Unidas para Agricultura e Alimentación (FAO)  pide o fin do tráfico de seres humanos e do traballo forzado no setor da indústria pesqueira. O Simpósio Internacional de Sustentabilidade Pesqueira é realizado entre os dias 18 e 21 de novembro co alvo de identificar maneiras de fortalecer a interación científica e política na produción, xestión e comércio pesqueiros, con base en princípios sólidos de sustentabilidade para mellorar os resultados globais 

21 de novembro marca o Dia Mundial da Pesca, comemorando unha profesión e un modo de vida que sustenta os meios de subsistencia de 1 en cada 10 persoas no planeta. Galegos saben ben que meios de subsistencia houbo de desenvoler un país con 1.800 quilómetros de costa e ten de defrontar os efeitos derivados da superexploración dun recurso que configurou ao longo dos séculos  trazos e alicerces da sua cultura, sociedade e economía  a través dun modelo artesanal que ben pode servir para pór en valor nunha economia globalizada que fai mellor xestión dos recursos  quen con menos capturas é capaz de xerar maior riqueza e benestar nas comunidades ribeiriñas.

A pesca e a acuicultura oferecen oportunidades de emprego remunerado. Iso é especialmente relevante para os países en desenvolvimento, que agora representan 60% do volume do comércio internacional de peixes, mas é necesária unha colaboración internacional para garantir un traballo decente ao longo da cadeia de valor de frutos do mar porque  o oceano posue a chave do desenvolvimento sustentábel malia sua sobreexplotación e contaminación por polución de plásticos e a presenza de mercúrio e outros metais pesados.

Para comemorar o Dia Mundial das Pescas, en 21 de novembro  a FAO orzanizou un evento destinado a concentrar a atención internacional na necesidade de mellorar as condicións de traballo no setor pesqueiro.

 A poboación mundial alcanzará os 9.500 millóns para o 2050; África  medrará máis de mil millóns de persoas. O consumo de peixe per cápita pasou de 10 kg na década de 1960 a 20 kg na actualidade. O desenvolvemento económico continuará aumentando o consumo de proteínas animais, e o consumo anual de peixe prevé en 2025 un 20% superior ao de hoxe. A captura de peixe, o único gran sistema de produción de alimentos dependente da vida salvaxe, enfrentará unha presión crecente debido a un novo foco na conservación da biodiversidade. As tecnoloxías innovadoras facilitan o seguimento de toda a cadea de valor desde o caladoiro ao prato.

Tailandia é o maior exportador mundial de atún e un dos maiores exportadores de todo tipo de peixe. A industria pesqueira mariña préstase especialmente á escravitude moderna debido ao seu tamaño, a falta de regulación, a gran capacidade de operacións ilegais baixo o seu manto e a explotación de traballadores inmigrantes.Os imigrantes non teñen dereito às proteccións concedidas aos traballadores tailandeses, cobrando en xeral 25% menos que o salário mínimo do país.

 

O que dificulta a transparêencia na indústria pesqueira é que non basta coñcer o provedor ou o atacadista. Nen sequer a orixe xeográfica do peixe. Mesmo tendo aceso a esas informacións, non é posibel saber se a mercadoria foi transferida dun barco a outro en alto mar. Quer dicer, o problema continua existindo apesar dos certificados emitidos polo Marine Stewardship Council (organización internacional que estabelece un padrón para a pesca sustentábel) – que, en calquer caso, non se encarrega de supervisionar as condicións laborais.

É preciso  unha mellor coordinación e mecanismos máis eficaces para controlar o risco para os traballadores desde o barco de pesca até o supermercado e a fábrica.

Por iso son precisos controis portuários mais fortes para navios de pesca intensiva. Infelizmente, moitos navios envolvidos na pesca INN tamén estan relacionados a casos de traballo forzado, traballo escravo, contrabando e outras actividades ilegais e de sobreexplotación.Hoxe mesmo a Islandia foi acusada de ameazar a sustentabilidade a longo prazo de unidades populacionais esenciais de xarda após aumentar unilateralmente suas capturas nas águas internacionais do nordeste do Atlántico. A xarda é o estoque mais importante da indústria pesqueira do Reino Unido, que vale mais de meio billón de libras por ano. Eís unha proba da relevancia estructural desta realidade económica. Porén, pescar mais do que o recomendado polos cientistas é un asunto sério, mas péscase todo o que se poña por diante.

 

Simpósio Internacional de Sustentabilidade Pesqueira

Mas como medir e monitorar a sustentabilidade da pesca e cal é o  status das atividades globais e e os recursos pesqueiros artesanais máis achegados ao territorio e ás comunidades ribeiriñas? Cales son os desafios para a sustentabilidade ecolóxica, económica e social da pesca? Como aliñamos os obxetivos e compromisos da conservación da biodiversidade e da pesca, para apoiar desenvolvimento sustentábel? Que tipo de novas parcerias seran necesárias? É viabel este sector con aumentos unilaterais de capturas? O principal resultado do Simpósio será un documento técnico que sintetiza as informacións e o debate en cada unha das sesiónss do Simpósio, a ser apresentado na 34ª sesión do Comitê de Pescas da FAO (COFI) en xullo de 2020. Incluirá informacións cuantitativas sobre o status da sustentabilidade da pesca a nível global e rexional, exemplos de mellores práticas de xestión e parceria e recomendacións sobre como conectar mellores evidencias e políticas para garantir a sustentabilidade da pesca no século XXI. Este documento técnico formará a base dunha declaración política de alto nível sobre o papel, valor e status de sustentabilidade da pesca global e rexional.

 

Sustentabilidade e pesca artesanal

É un feito que a pesca foise privatizando. En Galiza, por exemplo, o cambio de modelo que se levou a cabo nos últimos anos supuxo pasar dun reparto liñal, igual para todos, a outro onde os supostos dereitos históricos concentran o 70% da cota de pesca nun número reducido de embarcacións, o que supón a ruína do resto da frota flota. Un modelo que penalizou   a quen respectou as normas e fixo unha xestión máis sostibel e responsable dos recursos pesqueiros.

Galiza precisa estar nos foros e ámbitos de decisión que dén resposta a estas cuestións para participar na superación do desafío que supón facer a pesca sustentabel nun mundo no que a información é abundante mas xeralmente non é validada e nunha economía global tendente a superexplotación dos océanos.Unha globalización do comércio no setor da pesca que afortala as ameazas à seguranza alimentar nalguns países.

Unha participación política acompañada de coñecimento baseado nas evidencias. Como comunicamos efetivamente os desafios e oportunidades da pesca nun mundo en rápida mudanza e ampliamos as parcerias tradicionais para apoiar a pesca sustentábel?  E, finalmente, o que a sociedade espera da pesca no século XXI, que compromisos e trocas estamos preparados para aceitar e como encontramos o equilíbrio apropriado?

A própia  definición de pesca artesanal contrasta co conceito de industria. Nese sentido, Galiza vén confrontando negociacións bilaterais na Eurocámara pulando de brazo dado da eurodeputada Ana Miranda para que esas necesidades e as peculiaridades galegas se teñan en conta, xa que se trata dun sector estratéxico para Galiza como zona altamente dependente da pesca mas tamén para a súa sustentabilidade futura.  Alegados argumentos como o feito de que se venda peixe fresco, o tempo de permanencia no mar, a distancia da costa e o número de tripulantes das embarcacións, así como o impacto económico do sector nas poboacións costeiras. 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off