off
Agro, Cedeira, Galiza, Mar e Pesca — 13 Novembro, 2019 at 4:50 p.m.

Aviso de galerna para Galiza

by

A previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun episodio adverso de nivel LARANXA por vento moi forte na costa e ondas no mar que poden superar os oito metros de altura na Coruña, Pontevedra e Lugo.

Co paso das horas, a situación empeorará, especialmente, no litoral da Coruña e Pontevedra, onde pasaremos de nivel laranxa a VERMELLO. Deste xeito, as ondas aumentarán o seu tamaño ata alcanzar os nove metros, salvo na Costa da Morte, onde incluso poderán chegar aos dez metros de altura.

Cómpre salientar que este episodio adverso coincide con mareas vivas, que, no momento da preamar, pode dar lugar a inundacións no litoral da Costa da Morte e as Rías Baixas.

Esta situación comezará nas primeiras horas desta tarde e irá en aumento a partir da madrugada do día 14/11/19, cando alcanzaremos o nivel de alerta VERMELLO.

Comments are closed.

off
A %d blogueros les gusta esto: