off
Cedeira, Música — 6 Novembro, 2019 at 12:45 p.m.

Acordeóns de Cedeira premiados nas prestixiosas Xornadas Internacionais de Acordeón de Praga

by

A Asociación de Acordeóns de Cedeira dirixida por Javier Díaz Carrasco acada dous primeiros premios coas formacións de cámara, con crianzas menores de 18 anos,  apresentada sob o nome Dreaming in Galici,  e de orquestra , na  categoria  XIV para rapaces e rapazas acima de 18 anos, sob a denominación  Galician Voyage.

 

Dream in Galicia (23,4) acadou o maior premio de sua categoria, seguido da Banda de Acordeóns de Szczecin (21,6), capital  da rexión de Pomerania na Polonia. Asin como a outra formación cedeirense,Galician Voyage acadou o primeiro premio con 22,9 puntos, seguida con 22.4 puntos da banda de acordeóns “Bela pl. Panthy” da cidade croata Slavonski Brod.

 

O obxectivo principal das Xornadas Internacionais de Acordeón de Praga  é manter e desenvolver unha forte tradición de acordeón tocando no edificio da República Checa no festival de orquestras de acordeóns europeos de Praga.  A competición está organizada polo “Club Tours Agentur Praha” en colaboración coa Asociación de Acordeóns Checa en parceria coa Asociación  Checa de Acordeon e o Departamento de acordeón do Conservatório de Praga.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off