off
Galiza, Ortegal — 31 Outubro, 2019 at 8:43 a.m.

Samain chuvoso, ventoso e frío

by

É esperada alternancia a curto prazo de ceu moi anubiado con momentos de nubes e céu limpo. Na primeira semana de novembro a influencia das borrascas trará magostos e defuntos plenamente atlánticos. Choverá todos os días.

Unha fronte fría asociada a unha profunda borrasca centrada ao oeste de Irlanda chegará a Galiza durante o día. Os ceos permanecerán cubertos, con chuvias que durante a mañá se rexistrarán na metade oeste e co avance do día iranse intensificando e espallando por todo o país. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, entanto que as máximas ficarán sen mudanzas. O vento soprará moderado de compoñente sur con intervalos fortes durante a mañá na franxa atlántica.

Porén, o sábado Galiza ficará baixo os efectos dunha rexa borrasca locada ao sudoeste da Irlanda. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvias xeneralizadas. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. O vento soprará forte do sudoeste, sendo moi forte no litoral norte.

Canto ás temperaturas, serán moi altas para as mínimas e normais para as máximas respeito ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente. Vento forte do Sudoeste o sábado pola noite. No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off