off
América, Meio ambiente, Natureza — 21 Outubro, 2019 at 8:51 a.m.

Desastre ambiental nas praias de Pernambuco

by

Unha maré negra de petróleo, de orixe non determinada, impactou este fin de semana nas praias da costa sur do estado de Pernambuco, Brasil. Desde 30 de agosto, unha mancha de petróleo cru, coñecido como piche, ten se espallado polo litoral nordestino. Óleo que Bolsonaro parece non querer saber de onde ven – non consegue solucionar pedido de socorro de 187 praias. Máis de 30 toneladas de óleo son retiradas de sete praias no litoral  segundo informa o Diario de Pernambuco

Desde setembro, residentes e empresarios locais veñen alertando ás autoridades sobre a aparición de pequenas trazas de petróleo nas praias e, despois de máis dun mes de ameazas, o petróleo chegou quinta-feira á praia de Carneiros, no distrito de Tamandaré. seguida da zona de Maracaípe e as praias de Cupe e Muro Alto, veciña da famosa praia de Porto de Galinhas, no distrito de Ipojuca.

Segundo explica no Twitter Jeff Nascimento, defensor de Direitos Humanos e doutor em Direito Internacional, sob Bolsonaro extingue plano de contingência e reage com lentidão ao #OleoNoNordeste, a população se mobiliza para lidar com os efeitos do vazamento na Praia dos Carneiros, em Tamandaré (PE).

 

Como cando o Prestige, un pequeno exército de voluntarios apañan chapapote nas areas de varias praias do nordés do Brasil.Munidos de luvas de borracha, sacos de plástico, bidós e de calquer cousa que poida servir de recipiente, centenas de voluntários individuais, de grupos ecoloxistas e de defesa ambiental e proprietários de hotéis e restaurantes da zona mantiñanse tamén mobilizados para a recolla de vestíxios e monitorizacion da praia.

Para o reporteiro freelance Leandro Barbosa “essa cena reflete a ineficácia do governo em trazer soluções efetivas pra impedir que o petróleo avance, no litoral nordestino”

Poupada parece ter sido, por agora, a praia de Porto de Galinhas e as suas piscinas naturais, principal atractivo turístico de Pernambuco. Na noite de domingo, o derrame de petróleo tiña xa chegado a novas praias na zona de Cabo de Santo Agostinho, afetando locais tradicionais de pesca e recolla de marisco que representan o sustento daldunhas destas comunidades ribeiriñas. Através das redes sociais, os movimentos de voluntários peden a intervención das autoridades federais e apelan para o apoio da comunidade internacional. Na tarde desta quinta, o gobernador de Pernambuco, Paulo Câmara (PSB), que integra o bloco nordestino de oposición ao goberno Bolsonaro, cobrou unha resposta definitiva. “É fundamental que o goberno federal identifique a fonte deses vazamentos para que novas contaminacións non volten a acontecer”, dixo.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off