off
Economía, Europa, Politica internacional — 17 Outubro, 2019 at 10:59 a.m.

Bruxelas anuncia un acordo entre o Reino Unido e a Unión Europea para o Brexit

by

O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker anunciou que hai acordo para unha saída ordenada do Reino Unido da Unión Europea(ou talvez non).Falta aprobalo no parlamento británico e o Partido Democrático Unionista Irlandés do Norte (DUP)  reafirmou a oposición ao novo acordo negociado entre Londres e Bruxelas

Nunha carta ao presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, Juncker recomenda aos líderes da Unión Europea, reunidos esta quinta e sexta-feria na Cimeira de Bruxelas, que apoien o acordo de retirada proposto e a declaración política sobre a futura relación entre Unión Europea e Reino Unido.

O presidente da Comisión escribiu que se chegou a un acordo “xusto e equilibrado” para a UE e o Reino Unido, o que demostra “o compromiso de atopar solucións”, mentres que o primeiro ministro británico, Boris Johnson, anunciou “un excelente acordo novo”. polo Brexit.

O goberno de Boris Johnson, que non ten maioría parlamentaria, necesita o apoio do Partido Democrático Unionista Irlandés do Norte (DUP) para que o acordo sexa aprobado no parlamento británico. Mas o DUP xa reafirmou a oposición ao novo acordo negociado entre Londres e Bruxelas.En Twitter, o primeiro ministro británico instou ao parlamento británico a aprobar o acordo o sábado nunha sesión extraordinaria.

A fonte interna do DUP citada pola axencia France-Presse dixo que o comunicado emitido o xoves pola mañá “segue a reflectir a posición” do partido.

O que sabemos do acordo Brexit

A fronteira é o tema máis complicado nas negociacións sobre o Brexit porque o establecemento dunha infraestrutura aduaneira podería prexudicar o proceso de paz nesa provincia.

Segundo o editor de políticas do xornal The Times, o asunto foi empuxado para a frente co bandullo. “O novo acordo suxire que o consentimento só se buscará catro anos despois de que as mudanzas alfandegárias entren en vigor”, escribiu Steve Swinford en Twitter. “Pódese prorrogar por outro período de catro anos, cunha votación por maioría simple na Asemblea de Irlanda do Norte”, engadiu.

Jennifer Rankin, correspondente do xornal The Guardian en Bruxelas, explicou algúns detalles do acordo: A lexislación fiscal europea aplicarase en Irlanda do Norte e corresponderá ao Reino Unido a recadación das cantidades; tratamento especial para algúns bens de consumo – o Reino Unido pode optar por aplicar exencións de Irlanda e taxas reducidas de impostos a Irlanda do Norte. Unha comisión paritaria controlará e revisará regularmente este proceso.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off